Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
La ausencia de odio
Benvidos ó mundo da fantasía no que a distancia vai de aquí ata alá e volta a empezar. Porque todo o que vai, vén; todo o que entra, sae; todo o que sobe, baixa. Benvidos ó mundo da fantasía no que Vangelis navega pola melancolía de “Blade Runner” e Harrison Ford vai á caza e captura do replicante Roy, que deixa escapar bágoas na chuvia. Todo un clásico da ciencia ficción, na que os soños, os meus soños acougan por fin ante o mellor tema de amor que se compuxo nunca para unha película. Benvidos ó mundo da fantasía no que corro por entre as carballeiras dunha infancia que non rematará nunca. A nenez será eterna. Aínda que morra de vello. Que morrerei. Pero incluso no derradeiro suspiro unha imaxe bailará na memoria para que saiba que nunha época fun feliz, inmensamente feliz. E a pesar das calamidades e miserias, dos medos e dos castigos.
Benvidos ó mundo da fantasía no que penso que a música amansa ás feras e os libros lévanme polos camiños da vida. Dunha vida chea de ilusións e desexos, de sorpresas e realidades. As penalidades tan só quedarán almacenadas nun recantiño da memoria por se aquel. Pero quen quere lembrar a incerteza dun momento? Quen quere deixar de escoitar o blues de “Blade Runner”? Benvidos ó mundo da fantasía, da miña fantasía. Que será sempre eterna e infinita.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
La ausencia de odio
Rafael Torres
Por ser estudiante y mujer
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
De la mentira al insulto
Lalo Pavón
O AFIADOR
Heroes fronte á ELA
Lo último
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Viernes, 18 de septiembre
DUPLICIDAD DE INGRESOS
La inmunidad de Jácome y la extraña parcialidad judicial
LEMBRANZAS
Ourense no tempo | Un Barbaña bajo cubierta