Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Muertos
PINGAS DE ORBALLO
Meteu sete versos por unha canella e esperou acontecementos. Sentou á sombra dunha toxeira. Nada rimaba nesa espera. Ó pouco díxose que pintaba alí e marchou co rabo entre as pernas ou máis rápido que á présa. E sen completar o soneto. Hai poemas que son malos de recitar... por estar incompletos.
Buscou os outros sete versos por entre o val de dous peitos. Só se cruzaba co silencio. Só sentía o baleiro. O soneto era duro de roer. E ó poeta só lle saían títulos de desespero. Berrou por todas as alegorías do tempo.
Meteu nun nobelo contos con cancións, sorrisos con xestos, troitas coas ondas do mar, tatuaxes con acrílicos, balcóns coas esperas que desesperan, flegma con batallas, coraxe con covardía e paz republicana coa represión franquista. O nobelo xa non era nobelo; era un feixe de esperpentos.
Desesperado xa por non completar o poema ou o soneto iniciou un ruxerruxe de pensamentos para que acougasen, para que sosegasen sobre a almofada dos anhelos, dos devezos. Meteu nun nobelo contos con cancións, sorrisos con xestos, troitas coas ondas do mar, tatuaxes con acrílicos, balcóns coas esperas que desesperan, flegma con batallas, coraxe con covardía e paz republicana coa represión franquista. O nobelo xa non era nobelo; era un feixe de esperpentos.
O poeta volveu á canella. Por se atopaba a inspiración para o soneto. Seguía o baleiro xunguido ó silencio. Entre os dous non pariron nin un maldito verso. Quedou a velas vir e deixando que a toxeira lle fixese sombra, mentres polos auriculares lle saía un asubío de película.
Definitivamente aparcou o desexo de construír un poema. Dáselle mellor mesturar esperpentos: un sol que chora, un pardal que oulea, un lobo que pía, un espello que racha, un peixe que afoga, unha foto que marea, un encontro que remata, un silencio que berra e un berro que se emite en silencio.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ARRANCA LA TEMPORADA
Iván Ares lidera La Nucía con varios pilotos muy igualados
VIOLENCIA VICARIA BAJO IVESTIGACIÓN
Un hombre mata a su hija de tres años en Torrevieja en un caso que se investiga como violencia vicaria
CAMBIOS EN LA MOVILIDAD
Cortes de tráfico en Ourense por la Fiesta de San Lázaro y las madamitas