Lalo Pavón
O AFIADOR
Heroes fronte á ELA
Adicir verdade, se exceptuamos os filmes de boxeo, o cine e o deporte nunca casaron ben. De feito, case se poden contar cos dedos dunha man as boas películas de ficción que ó longo da historia trataron con certo rigor as interioridades laborais e mentais dos profesionais do deporte. Así, sen parar mentes, podo mencionar “O orgullo dos ianquis”, que Sam Wood dirixiu en 1942; tamén “Grand Prix”, de John Frankenheimer en 1966; como non, os “Carros de fogo”, que Hugh Hudson rodou en 1981, aínda que esta case é máis famosa pola banda sonora de Vangelis que pola propia película en si, que non estaba nada mal, por certo; a futbolista “Evasión ou vitoria”, que John Huston realizou tamén en 1981; “Un domingo calquera”, de Oliver Stone en 1999; e para de contar.
Porque “Wimbledon”, a película que nos ocupa e que Richard Loncraine rodou no 2004, é certo que se interna de forma bastante honrosa no mundo do tenis a través da figura dun veterano xogador que está xa de volta pero que aínda recupera o seu toque mestre durante o torneo do título grazas ó amor doutra tenista. Pero tal filme resultou bastante malogrado. Si, vese con certa facilidade, pero tal como se ve, axiña se transporta a ese recanto do esquecemento, dilúese nun santiamén.
O director Loncraine (que dirixira un interesante “Ricardo III”, do gran Shakespeare, ambientado na Segunda Guerra Mundial) semella que está máis preocupado pola atracción entre os protagonista de “Wimbledon” que pola evidente fascinación que pode exercer un mundo cheo de egos. E tampouco a química é quen de acender a relación da parella protagonista, unha Kirtsen Dunst que se fai algo pesadiña e un Paul Bettany que custa imaxinalo nese papel.
Polo demais, e a todos aqueles ós que nos gusta o tenis, temos o detalle de que asoman nas pantallas como comentaristas de televisión a grandiosa Chris Evert e ó único e orixinal John McEnroe. E fóra disto, o filme queda, como dicía ó principio, no baúl da normalidade. De tal normalidade que non se tarda unha hora en esquecerse del. Alá vai outra de deportes que non di nada.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lalo Pavón
O AFIADOR
Heroes fronte á ELA
Simone Saibene
¡BUONE VISIONI!
Ata o fin do mundo
José Luis Fernández Carnicero
DESCUBRINDO A BIBLIA EN OURENSE
Os obreiros son poucos
Fernando Ramos
Bildu es ya el más firme apoyo de Sánchez
Lo último
PRIMERA FEDERACIÓN
La UD Ourense busca los primeros puntos del curso
CASI 11.000 PARTICIPANTES
El CHUO participa en un ensayo que podría cambiar el control del colon