Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada Ourense: ¿En qué ha quedado el Jardín del Posío?
Saíron correndo do recuncho no que se agochaban. Era de élite e de privilexiados escondidos, moitos deles, detrás da súa enorme ignorancia. Era un recuncho, un agocho de morto ferido, de loitador morto, de morto matado. Estaba na esquina, nesa esquina, na que ti ou todos vostedes dobregan para volver e volven. Ao chegar é outra cousa, non hai nada do esperado. Maldita sexa!
Sensatos á carta cabal, todos. Uns chegaban da mina, outros aterraban en porto seco e moitos mollaban a camiseta, para describir onde estaban. Alí, na cima do monte pousados, esperaban, cantaban e, mesmamente, bailaban, Na cima do monte estaban, como se fosen terra mollada, supuraban.
Viñan de lonxe ou chegaban daquela esquina apurados. Eran os mesmos do ano pasado, corrían para que non chovera e chovía, brandía o tempo, chovía a esgalla e moitos mollaban a testa e deixaban chover para que a temporada pasara. E pasou. Choveu a torrentes, con tanta abundancia que afogaba ás árbores de folla verde.
Na equina da estrada, onde cruzaban os nenos ao chegar da escola, estaba ela agardando a soldada, tal como se fose unha asalariada. Era a sombra da nogueira caída que esperaba pola noite pechada ou polas estrelas previas á madrugada. Na esquina da estrada estaba ela, Eduviges, e alí continuaba. Eran outros tempos e outras historias, pero a mesma miseria, a mesma intolerancia e a mesma rabia. Eles sábeno ben e cálano ata que pase a friaxe. Despois, de que falamos?
De amor! De amor falarán todos eles. Poñerán a man no peito, respirarán profundamente, sentirán o ruxir das súas meixelas inchadas e deixarán que o vento sega traballando na construción do tempo e do espazo, como se o aire fose o dono do universo, dos ruídos e dos silencios.
Na esquina estaba ela, agardando. E non sabemos que agardaba. A señora segue antes da rotonda parada e ninguén sabe nada, ninguén di nada, nin pregunta nada. Ninguén pensa nin deixa de pensar. É a esquina onde se pousa a nada, o esquecemento a ausencia da mirada e do valor da palabra. A Tía Manuela dio moi ben, “é alí, onde a ninguén lle importa ren, no ermo da mirada, lonxe de calquera situación san e fóra de tódalas escusas”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada Ourense: ¿En qué ha quedado el Jardín del Posío?
Paula Antón
se lo digo con educación
¡Que nadie copie!
Rafael Dávila Álvarez
La bandera de España por los suelos
María Antonia Rilo
A mi querido amigo Celso Enríquez
Lo último
PARRILLADA, CAFETERÍA Y ALOJAMIENTO
Hotel Termas Camino Real, reabre este clásico de Untes de la mano del colombiano Pedro Antonio López
MEDIDAS DE PRESIÓN
Cuba tilda de “vil” la sanción de EEUU contra su presidente
Oriente Próximo
Israel sigue atacando Líbano pese al alto el fuego