Pilar Cernuda
LAS CLAVES
Sánchez, cuestionado por los suyos pero inamovible
DÍA DE GALICIA
Como cada 25 de xullo, ao celebrarmos a “Festa Maior de Galicia, a festa de todos os galegos” -como a denominou Castelao-, compartimos o sentimento de irmandade propio dos fillos desta terra, facendo memoria do que somos e do que fomos, pero sempre ollando o futuro coa seguridade de que o mellor está por vir.
Temos o privilexio de sermos herdeiros e depositarios dunha cultura milenaria, cunha lingua e unha historia propias, mesmo dunha forma de ser e de actuar determinadas
Temos o privilexio de sermos herdeiros e depositarios dunha cultura milenaria, cunha lingua e unha historia propias, mesmo dunha forma de ser e de actuar determinadas, coa moderación, o sentidiño e a capacidade de esforzo como sinais característicos. Habitamos unha terra bendicida por unha natureza privilexiada, un clima benigno e recursos naturais abundantes e diversos. Cultura, contorna, recursos e persoas constitúen o substrato da “Galicia Calidade” que construímos cada día, cada quen desde as súas responsabilidades.
Nun escenario –tanto nacional como internacional- caracterizado pola polarización, o enfrontamento constante e mesmo condutas estarrecedoras para calquera persoa de ben, a Galicia dos nosos días eríxese como unha illa de estabilidade, cunha normalidade ausente noutras latitudes.
Preservar esta realidade é unha obriga de todos: do conxunto da sociedade civil pero tamén -e moi especialmente- de cantos desempeñamos responsabilidades públicas alí onde a cidadanía nos teña situado a través da decisión libre e democraticamente expresada nas urnas.
Blindar Galicia fronte á degradación que ollamos noutros territorios é unha obriga irrenunciable para cantos aspiramos a actuar conforme os principios e valores propios dos “bos e xenerosos” que enxalza o noso himno.
Tender pontes, no canto de erguer muros; ofrecer solucións, en lugar de crearlle novos problemas á xente; animar á concordia, en vez de sementar crispación; ofrecer estabilidade e seguridade xurídica ao empresariado que promove investimentos no país, fronte a quen só promove atrancos; ollar a quen pensa diferente como un contrincante, xamais como un inimigo,... conforman un conxunto de actitudes que en Galicia temos interiorizadas e que explican, en boa medida, o noso xeito de ser e de actuar. Tamén algúns dos nosos éxitos.
Despois de máis de 40 anos de autonomía, Galicia ten demostrado con feitos que a democracia e autonomía constitúen unha fórmula de éxito para mellorar a calidade de vida das persoas e, canda ela, estimular a creación de riqueza e incentivar o avance do país. En todos os ámbitos.
Pero sería irresponsable ignorar as ameazas que nos axexan, especialmente a crise de credibilidade das institucións provocada polos que supostamente tentaron utilizalas -as institucións e os recursos públicos- en beneficio propio. Para delinquir, porque hai que chamar as cousas polo seu nome.
Malia que Galicia se mantén á marxe de comportamentos impropios, cómpre non baixar a garda, redobrando os esforzos para obrar con rectitude, reforzando os mecanismos de control e inculcando entre os máis novos o valor do esforzo e o respecto ás leis como norma de conduta. Porque non todo vale. En ningures.
Unha Galicia aberta, próspera e plural é posible. Unha Galicia aberta ao mundo, pero orgullosa dos nosos sinais de identidade. Unha Galicia que explote todos os seus recursos para transformalos en riqueza e emprego para a nosa xente. Unha Galicia plural, con oportunidades para todos. Esta é a Galicia que queremos, de todos e para todas.
Feliz Día de Galicia e de hoxe nun ano!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Pilar Cernuda
LAS CLAVES
Sánchez, cuestionado por los suyos pero inamovible
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Hay que ir sacando la ropa de fiesta
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Premios de arquitectura en Ourense
Fermín Bocos
Zapatero, cada vez más sombras
Lo último