Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Ahora toca formar gobierno
O 16 de maio o Concello de Cualedro estreou ante os escolares do municipio un documental sobre o filólogo Isaac Alonso Estraviz (Vila Seca, 1935). Este veciño, natural de Trasmiras e veciño de Allariz, é case un perfecto descoñecido en Galicia pese a ser o autor do dicionario de lingua galega con máis palabras rexistradas de todos os tempos. Non só do galego, senón tamén do euskera, portugués e, sorprendentemente, tamén do castelán. Leron ben, mentres o dicionario de lingua galego-portuguesa de Estraviz recolle unhas 140.000 palabras, a 23ª edición do Diccionario de la Real Academia Española (RAE), institución fundada en 1713, compila unicamente 95.000 voces.
“Para min o mellor dicionario de castelán non é o da Academia Española, senón o de María Moliner, unha bibliotecaria que non foi nunca académica nin correspondente nin nada”, sentencia Estraviz, un home locuaz, próximo e vital que, aos seus 84 anos, segue a traballar sen descanso desde a súa casa da aldea allaricense de Augas Santas. Este lexicógrafo ten algúns colaboradores -poucos- que lle achegan periodicamente propostas de novas entradas desde toda a xeografía galega. No seu gabinete, todas elas son estudadas con minuciosidade científica ata que decide se merecen formar parte do dicionario. “Analizo onde está viva esa palabra, se é un localismo, se aparece nalgunha obra publicada, etc. Ao final, se cumpre todos os requisitos científicos, entra no dicionario, senón non”, asevera con determinación.
Estraviz forma parte do mesmo ronsel áureo que Eladio Rodríguez, Franco Grande ou Eligio Rivas, o dos gardiáns das palabras, notarios maiores das voces de noso. O dicionario da Real Academia Galega (RAG) recolle ata o de agora unhas 50.000 palabras –30.000 entradas máis que as voces recollidas pola academia vasca– aínda que a institución recoñece que está no camiño de elaborar un grande dicionario da nosa lingua. Máis completos son os Diccionari general de la llengua catalana, que contén 88.500 voces, e o Diccionari català-valencià-balear, que compila uns 160.000 vocábulos.
O traballo de Estraviz, que publicou o seu primeiro dicionario no ano 1983, cando saíu a lume o primeiro dos cinco volumes proxectados pola editora (catro deles inéditos), é o resultado de toda unha vida dedicada a compilar e estudar as palabras que dan forma á nosa lingua. Tres anos máis tarde, en 1986, saen do prelo os tres volumes do Dicionário da Língua Galega, publicado en Madrid por Alhena Ediciones, e en 1995 a edición reducida que fixera Edicións Sotelo Blanco.
No ano 2005 o dicionario deste lexicógrafo limiao dá o salto á rede (estraviz.org) e desde entón convértese nun traballo de referencia para todas as persoas que queren escribir no noso idioma de forma precisa e cultivada. No último ano o número de consultas que recibiu o dicionario está entre as 39.000 e as 56.000 visitas reais, cunha media de máis de 200.000 páxinas vistas ao mes, relata Vítor M. Lourenço Peres, colaborador de Estraviz. “Alén do Reino de España, no topo de países desde o que se fan consultas están o Brasil, Portugal, Franza, o Reino Unido, o México, a Argentina, Angola, os EUA e máis a China”.
Alonso Estraviz foi sempre un outsider da lingua e a cultura galegas, un filólogo da periferia académica da que forman parte grandes estudosos como Constantino García, Manuel González ou Antón Santamarina. Amigo e continuador do credo de Carballo Calero (1910-1990), o primeiro catedrático de universidade de lingua e literatura galega, o noso lexicógrafo foi un dos promotores do único busto que o sabio ferrolán ten en Galicia. O autor de Scórpio consideraba –ao igual que Estraviz– que o galego e o portugués son, desde a Idade Media, unha mesma lingua que se verbaliza cunha fonética diferente, non dous idiomas distintos. “O castelán que se fala en Madrid é moi diferente do que se fala en Andalucía ou en Chile, e por iso ninguén di que son idiomas distintos” ilustra graficamente.
Durante sete anos Estraviz, que iniciou a súa formación académica no Mosteiro de Oseira, onde se ordenou como clérigo, dedicou o seu tempo a elaborar a súa tese de doutoramento sobre os falares de Trasmiras e Cualedro, que defendeu na Universidade de Santiago. Antes licenciouse en filosofía e letras e, máis tarde, en románicas, nas universidades de Comillas e na Complutense. Alí foi alumno de figuras da lingüística como Rafael Lapesa, Manuel Alvar ou Alonso Zamora Vicente, como recorda Bernardo Penabade, o seu biógrafo. Tamén é Diplomado en Lingua e Cultura portuguesas pola Universidade de Lisboa.
Con todo, Isaac Alonso Estraviz é moito máis que un filólogo. Exerceu como relixioso cisterciense en distintos mosteiros de España, Francia e Alemaña, onde aprendeu os seus respectivos idiomas, o que lle serviu para publicar algunhas traducións ao galego de textos relixiosos e políticos (da liturxia católica ou do Manifesto Comunista). Levou a cabo traballos de inclusión social de persoas marxinadas (nomeadamente ciganos) en Albacete, e a prol da cultura galega en Madrid. Docente de ensino secundario na década de 1980, é autor de distintos libros sobre intelectuais galegos e portugueses, como López Cuevillas, Santos Junior ou Teixeira de Pascoaes. Xubilouse como profesor da Universidade de Vigo en 2005. A Deputación de Ourense concedeulle, por unanimidade, a medalla de ouro da provincia en 2019.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Ahora toca formar gobierno
Ángel Mario Carreño
REFLEXIONES DE UN NONAGENARIO
El milagro Zapatero
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
El villancico más famoso del mundo
Berto Manso
LA OPINIÓN
El COB llegó tarde al pazo
Lo último