CRÓNICAS DE OTOÑO
Más banderas y menos contrabando sentimental
En proceso
</nav> </header>
Esoutro día houbo un cambio de goberno en España. Saíron uns ministros e entraron outros. Todo normal pois o que debe facer o presidente ao cargo é velar polos intereses da súa xestión de goberno e, máis concretamente, do seu partido no goberno que, en caso de coalicións, non é exactamente o mesmo que os puros intereses do goberno. Así, a vulto, e desde a barreira -como a dos touros, de espectador, e non desde barreira-barricada de oposición, que para iso xa está Ana Belén Vázquez Blanco-, pareceume ben porque vexo en ascenso unha ministra como Nadia Calviño que, amén de galega, parece lista e en boa sintonía con Europa, e tamén a outra vicepresidenta, Yolanda Díaz, que galega tamén, parece ter boa man esquerda -a dela- cos axentes sociais, sindicatos e mesmo patronal. E alégrome, claro, que a outros non lles vaia ben, como a Ábalos porque á parte de ter boa voz e aparencia de calma, non se pode ser tan mintireiro nin maniobreiro nin andar de noite por aeroportos con temas dubidosos de ouros e Plus Ultras. En fin, deume pena Arancha González Laya, porque me fixera dela unha opinión excelente por unha entrevista na BBC que deixou abraiados aos británicos polo seu dominio do tema Brexit, pola claridade na defensa dos dereitos españois, e polos consellos sensatos que lles daba; ademais, nun inglés impecable. Claro coa trapallada manipuladora que lle montou o rei marroquí, escorregou; pero escorregaba calquera. E gustoume que o presidente nin citase o tema ministros de Podemos, pois están facendo moi ben, de seu, un traballo impecable: carrexar votos para a vella casa común da esquerda, que é o PSOE. E por aí, logo, nada que obxectar. En Madrid xa se albiscou o futuro cidadán de Podemos.
O que me estrañou, chamou a atención e, teño que dicir a verdade, desacougou algo, foi unha declaración do presidente que presentaba como logros do novo goberno o ter conseguido rebaixar a idade media de 54 a 50 e subir a presenza da muller do 54 ao 63 por cento. Ben. Como poden intuír, a cuestión da presenza masculina no goberno non me preocupa o máis mínimo, nin a ningún varón que eu trate. Se son só homes o 37 por cento, pois perfecto. Para min, como se hai só un 37 por cento de mulleres. Tanto me ten. Parecido ao tema da idade. Nada en contra de que haxa ministros con impulso, xente nova. Porque do que se trata, para un servidor, non é do que teñen entre as pernas senón entre as orellas; por iso se topa máis mulleres ca homes preparados, fenomenal. Como se topa máis louros ca morenos, ou altos ca baixos. Tampouco me interesa en que ano sacaron o DNI. Só me interesan gobernantes capaces, formados e expertos. Capaz -como capazo- quere dicir que lles caiban as responsabilidades, que teñan capacidade para a carga do cargo. Formados ten que ver con esa formación que se adquire con forte esforzo. E experto ten que ver, claro, con experiencia (ben, logo, as alcaldesas en alza). Porque a experiencia, un grao seica, obtense da formación e do exercicio de responsabilidades. Ou sexa, persoas que renderan o seu esforzo á sociedade e que teñan cotizado o seu, e escalado ata determinadas cotas de idade para poder ter perspectiva do devir dos tempos. Porque se é un “logro” baixar aos cincuenta anos a media de idade don Consello de Ministros... cal é o ideal? Goberno de xentes de dezaoito anos? E se se “avanzou” ata ter ese 63 por cento de presenza feminina, cal é o ideal? O cen por cen mulleres?
En fin, que haxa acertos, saúde e sorte para todos, goberno e oposición, imberbes e barbados, homes, mulleres, etc. Hanos cumprir ben.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CRÓNICAS DE OTOÑO
Más banderas y menos contrabando sentimental
Editorial
La democracia a pedradas y el voto del miedo
Victoria Lafora
Oviedo y la democracia
Antonio Nespereira
PERDÓN POR LA MOLESTIA
Por un beso de la flaca
Lo último
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy domingo, 25 de octubre
VIVIENDA, INFLACIÓN Y GASTO MILITAR
Vídeo | Manifestantes irrumpen por la fuerza en el Coliseo de Roma durante una jornada de protestas en Italia