Benito Iglesias
La política de vivienda en España debe de ser la de Galicia
O12 de xaneiro de 2010, Haití era o país máis pobre de América. Ese día, un terremoto de magnitude 7.0 segou a vida de máis de 300.000 persoas, quedando feridas máis de 400.000 e millón e medio sen fogar. O 12 de xaneiro de 2020, hai xa dez anos, Haití aínda é máis pobre. E iso que Antonio Fraguas de Pablo, máis coñecido como Forges, non deixou de salientar nas súas viñetas durante moitos meses un “e non te esquezas de Haití”. Pero si nos esquecemos de Haití. Xa digo, a dez anos desa impresionante desfeita, Haití aínda é máis pobre. Consagrámonos máis a recuperar Notre-Dame, por exemplo, que a reconstruír Haití. Sufrimos e penamos ante o derrube das torres xemelgas, pero ante 300.000 mortos haitianos resignámonos ante as forzas da natureza. Non che é o mesmo ser rico que ser pobre. Vaiche boa!
Tampouco é o mesmo que un gran incendio se desenvolva en Europa, por exemplo, que nas antípodas. Arde Australia enteira e as axudas en masa brillan pola súa ausencia e a afouteza dos voluntarios... ufff, aquilo queda no quinto inferno, nunca mellor dito. Máis de dez millóns de hectáreas queimadas, 27 ou máis falecidos, miles de persoas evacuadas, o 70% das selvas tropicais arrasadas e máis de mil millóns de animais abrasados. Son cantidades que se len axiña, pero que, friamente, doen, doen moito.
Claro que, Haití é unha cousiña pequeniña que, para máis carallos, é moi pobre, e Australia está onde o aire dá a volta. Canta falta nos fas, Forges!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
La Región
Ceuta: Cárcel En una tierra africana
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este martes, 4 de agosto
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: martes, 4 de agosto
ARCHIVO SIN PREJUICIO PATRIMONIAL
Cuentas archiva la denuncia del PSOE por la gestión de la Sanidad madrileña