Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Navidad o la fragilidad de Dios
DIARIOS DO PASADO
O actual Palacio de Cibeles de Madrid, antigo Palacio de Correos y Comunicaciones, foi inaugurado o ano 1919 polos reis Alfonso XIII e Victoria Eugenia. Dende 2007 alberga as dependencias municipais do concello. É obra dos arquitectos Antonio Palacios Ramilo, natural de Porriño, e do seu socio e antigo compañeiro de estudos, o donostiarra Joaquín Otamendi Machimbarrena. O edifico foi declarado Bien de Interés Cultural en 1993.
A modo de paréntese no asunto que tratamos, dicirlles que Palacios ten a súa principal vinculación coa cidade ourensá a través da redacción dun proxecto nonato: a creación dunha gran praza con edificios complementarios diante da fachada principal da catedral de San Martiño, nos tempos do bispado de Florencio Cerviño. Como saben, a explanada actual deseñada por Pons Sorolla, moi diferente da proxectada por Palacios, non se materializou ata os inicios da década de 1980. O proxecto de Palacios foi publicado en 1928 no “Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos de Orense”.
O caso é que o sobre a porta da fachada principal deste edificio, cargado dun eclecticismo particularmente neoplateresco e da profusa ornamentación que caracterizaban as arquitecturas daquel entón, loce un curioso brasón ben visible
Pero deixemos a cidade e volvamos a Madrid. Alí o arquitecto Palacios, co seu socio Otamendi, gañou o concurso para proxectar e edificar o novo pazo. O caso é que o sobre a porta da fachada principal deste edificio, cargado dun eclecticismo particularmente neoplateresco -se ben especialistas lle atribúen un estilo propio- e da profusa ornamentación que caracterizaban as arquitecturas daquel entón, loce un curioso brasón ben visible. A particularidade é que contén o escudo de Galicia dentro do de España. Aparece nun escusón -pequeno escudo que se representa no centro dun escudo heráldico- focalizando a súa peculiar interpretación do dito escudo de España. Días atrás, mirando textos sobre a conveniencia de conservar elementos heráldicos máis ou menos recentes nos edificios, lía un escrito de José Luis Sampedro Escolar, académico numerario da ”Real Academia Matritense de Heráldica e Genealogía”. Versaba, entre outros asuntos, sobre tal brasón, que describe con detalle. Segundo o académico e a lóxica heráldica, o brasón incumpre moitas condicións da armería máis ortodoxa por moitos dos elementos que introduce, asunto no que non entraremos agora. En todo caso permanece o escusón coas armas de Galicia, o cáliz xunto coa representación das sete provincias galaicas -Santiago, Betanzos, Mondoñedo, Tui, Lugo, Ourense e A Coruña- anteriores ás actuais, centrado no escudo de España, o que J.L. Sampedro interpreta como unha inclusión das “...armas, tradicionalmente discutidas, del reino de Galicia, sin duda tributo del arquitecto Palacios a su Porriño natal”. A representación de Galicia, pese o pequeno tamaño que proporcionalmente ten o escusón, sitúase nun lugar central, preeminente, entre as armas de Castilla, León, Aragón, Nápoles e Granada. Ten ademais a particularidade de substituír as habituais flores de lis dos Borbón-Anjou na representación heráldica tradicional do escudo de España.
Pois aí queda para a posteridade a homenaxe que Antonio Palacios Ramilo dedicou a Galicia en Madrid no brasón do Palacio de Correos y Comunicaciones, nunha cidade cuxo concello declarou o 2024 “Año Antonio Palacios”. Alí o arquitecto deixou para o futuro, ademais de numerosas vivendas de particulares, obras como o Banco Mercantil e Industrial, el Antiguo Hospital de Jornaleros, o Círculo de Bellas Artes, e como non, o escudo de Galicia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Navidad o la fragilidad de Dios
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Parricidio en El Palmar
Mariluz Villar
MUJERES
Hablar con Sophia
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
Contumacia en el error
Lo último
PROPUESTAS INTERNACIONALES
Allariz selecciona los mejores jardines para su edición más libre
SEGUNDA FEDERACIÓN
La UD Ourense quiere acabar el año con victoria
La Región
Tiranías