Portal Martínez Soto
TÚ FARMACÉUTICA INFORMA
Protección solar: buenas prácticas desde la oficina de farmacia
Ahorta é cousa pequena, un terreo de pouca extensión onde se cultivan fundamentalmente verduras, legumes e hortalizas, e tamén nalgúns casos árbores froiteiras, como o castiñeiro, que alimentou a medio país con castañas secas e que agora fai marabillas para as cociñas, onde preparan o xantar ou a cea daquela xente puritana. O castiñeiro é unha froiteira, unha árbore de enorme magnitude e crecemento lento, un símbolo que medrou nos soutos da nosa terra e da que saen ourizos con espiñas por fóra e con castañas por dentro. E o horto? É unha extensión de terra aínda máis pequena, pequeniña, onde non pode medrar máis dun castiñeiro. É como unha das hortas urbanas dos concellos “progres” de Galicia. Que bonitiño é aquel horto, no que ninguén planta nada!
Cando a xente tiña que marchar polo mundo na procura do sustento, alí onde chegaban plantaban verzas nas beirarrúas, nas cunetas da estrada, no balcón soleado e nos arredores de tódolos miradoiros que coñecían. Filomena da Cereixida, ao pouco de chegar a Barakaldo, foi co seu Xosé á procura dun monte para cavar e cultivar, para facer o que sabía facer e fixera ao longo da súa curta xuventude. Atopouno, arouno coas súas mans labregas, sementouno e, ao pouco tempo, recolleu o froito. Agora ninguén se ri e din que Filomena era unha adiantada ao seu tempo, unha emprendedora.
Os froitos da súa horta non tiñan mal, estaban coidados co aprecio dunha galega do rural, que non podía vivir sen sachar, sen plantar e sen ver medrar o froito da súa horta tal como era, sinxela, doce e agarimosa. Unha horta belida que serviu de exemplo para outros cultivadores urbanos. Aquelas pequenas extensións cultivadas desapareceron e os seu usuarios marcharon, cadaquén para onde poido. A rúa que vai medrando, as beirarrúas que se alongan tamén ao ancho, os plans de urbanismo, a especulación, a construción, a moda e os políticos déronlle unha volta a todo isto, de tal forma que desapareceu ata a comprensión.
Pero, outra vez nas mesmas. As autoridades locais volven á sementeira, reparten hortas urbanas, parcelas de terra expropiada. Aí están, parcelas enumeradas á espera de seren traballadas. Os expropiados atópanse diante da incoherencia absoluta, diante dise dicir e facer tan infausto: “quítate tu, para poñerme eu ou para que se poña o meu amigo”.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Portal Martínez Soto
TÚ FARMACÉUTICA INFORMA
Protección solar: buenas prácticas desde la oficina de farmacia
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE PRIMAVERA
Los kikos o el mal gusto de Inés
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
Zapatero y la moral socialista
Rosendo Luis Fernández
Qué paradoja de vida viviéndola
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
CASA DE BAÑOS
La okupación en Ourense que el Concello no ve
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA
Ourense cubre sus seis plazas vacantes en la repesca MIR