Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
La ausencia de odio
O humor é coma un espello: o seu reflexo é dramático. O humor sempre ten un fondo serio. O humor é coma a verdade: que a maioría das veces doe moito. O semanario francés Charlie Hebdo era de humor, ou sexa, serio, é dicir, que satiricamente cantaba ou, mellor dito, debuxaba as verdades. E estas doéronlle a uns fanáticos que se escudaron, que se escudan na relixión para levar a cabo un atentado con varias vítimas mortais. Pensaban eles que con esa acción ían enmudecer a un periodismo satírico, a unha sociedade con medo a unhas balas. Pero nunca se falou tanto dese semanario e das súas caricaturas en cuestión. Nunca se desprezará tanto a uns individuos, presuntamente relixiosos, que, coa súa barbarie, o único que fan é meter nun mesmo paquete a toda unha comunidade, a todo unha doutrina, a toda unha raza. Non debemos caer nesa trampa; nin todos os islamitas son terroristas nin todos os musulmáns son islamistas. Nin todos os vascos eran terroristas cando actuaba ETA. Nin, agora, todos os nacionalistas somos terroristas, como intentan clasificarnos algúns. Non deixemos que tres "mataos" nos corten os sorrisos cando certas caricaturas din máis que todo unha novela. Hai censuras que se intentan impoñer con sangue. Xa chegan ben aquelas que se atopan nas corredoiras da liberdade, cando algúns poñen atrancos para que a maioría non saiban das verdades.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
La ausencia de odio
Rafael Torres
Por ser estudiante y mujer
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
De la mentira al insulto
Lalo Pavón
O AFIADOR
Heroes fronte á ELA
Lo último
INMUNIZACIÓN DE LOS NIÑOS
Vacunación de gripe y covid en Ourense 2026: cuándo empieza, quién puede vacunarse y dónde
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Ourense encara un fin de semana de calor con hasta 35 grados de máxima