Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Navidad o la fragilidad de Dios
Segundo de Chomón foi o Georges Méliès español. Un dos grandes pioneiros do cine mudo. Como o mago francés, o cineasta aragonés foi un intrépido explorador que se meteu nun descoñecido mundo de imaxes que comezaban a abrirse ante os seus ollos. Uns novos horizontes que, ademais, el mesmo podía crear e modificar ó seu antollo. E así, grazas á súa imaxinación, ideou centos de historias nas que os obxectos cobraban vida e se movían ás súas anchas, e nas que as persoas aparecían, desaparecían, multiplicábanse ou transformábanse.
Segundo de Chomón naceu en Teruel en 1871 e comezou a súa carreira nun taller de Barcelona no que coloreaba películas a man, fotograma a fotograma.
Tamén construía maquetas para combinalas con imaxes reais, ou transparencias que servían como fondos. A el adxudícaselle a invención dos primeiros travelling, que logrou xuntando dous patíns e colocando enriba unha táboa sobre a que apoiaba a cámara.
Posteriormente trasladouse a Francia contratado pola compañía Pathé para rodar o que se coñecía como "fantasmagorías", películas fantásticas nas que aparecían seres sobrenaturais. Unha das súas especialidades era o xénero de viaxes imaxinarios, como "Viaxe ó fondo da Terra", "Nova viaxe á Lúa" ou "Viaxe a Xúpiter".
Tamén traballou en Italia como operador de cámara e técnico de efectos especiais. Con Abel Gance, un dos grandes cineastas franceses, colaborou nunha das superproducións da época: a inmensa "Napoleón". Seu era, por exemplo, o aplaudido efecto final no que unha aguia sobrevoaba a marcha do exército galo.
Segundo de Chomón morreu en 1929 como consecuencia dunha enfermidade contraída en Marrocos mentres ensaiaba o uso da cor nun documental. Na súa honra, a Academia do Cine español concede todos os anos un premio que leva o seu nome e que recoñece a todos aqueles profesionais que aportan novos inventos que redundan no beneficio da industria cinematográfica.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Navidad o la fragilidad de Dios
Jesús Prieto Guijo
LA OPINIÓN
Parricidio en El Palmar
Mariluz Villar
MUJERES
Hablar con Sophia
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
Contumacia en el error
Lo último
PROPUESTAS INTERNACIONALES
Allariz selecciona los mejores jardines para su edición más libre
SEGUNDA FEDERACIÓN
La UD Ourense quiere acabar el año con victoria
La Región
Tiranías
La Región
Escola do rural e infancia