Portal Martínez Soto
TÚ FARMACÉUTICA INFORMA
Protección solar: buenas prácticas desde la oficina de farmacia
Esí se titula aquela cantiga de Jarcha que se cantaba nos tempos do postfranquismo. Pois agora haberá que pórse a escoitala de novo, e sobor de todo, cumplir. Si, porque desde Podemos, as Mareas e os En Comúns (que pouca imaxinación o destes últimos), queren pór todo de patas arriba. Cargándose aquelas lembradas xuntanzas da Xunta Democrática ou do Consello de Frozas Políticas, onde loitamos pra que houbera unha transición pacífica e sen revachismos.
Escoito a unha rapariga facendo unha "revisión" do franquismo, destilando un odio que sendo xoven non se debera ter, senón desexos de paz e reconciliación a cicatrizar as feridas. ¡Que todos temos moitas! Lembro o golpe de estado do 23F, cando moitos dos que aínda non botaran fóra o seu odio e o seu revanchismo fuxiron a se esconder, mentres outros quedamos. (¿Lembras, benquerido Camilo Nogueira, que ti non fuxiches, e que despois queríasme levar de cabeza de lista do teu partido pra a Xunta. Noraboa, Camilo, por ese merecidísimo premio Otero Pedrayo).
Pois o que ao meu xuízo se debería facer é construir. Non destilar odio e revancha, que esí non imos a ningures. Liberdade sen ira. Iso é o que propomos algúns cuios ósos foron parar, en varias ocasións, a onde non queriamos, pra que todo o mundo se poidera expresar con liberdade e sen ira. En política os partidos son rivais, non enemigos.
P.D.: Di o ex JEMAD ourensán, agora en Podemos: "É perigoso que a metade dos electores non crean na ética". ¿Será na súa "ética", que se presentou o 20D por Podemos en Zaragoza en volveuno facer o 26J por Almería e fixo o ridículo? ¿Será esa a metade dos electores que non o votaron? ¡Sentidiño, don Julio!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Portal Martínez Soto
TÚ FARMACÉUTICA INFORMA
Protección solar: buenas prácticas desde la oficina de farmacia
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE PRIMAVERA
Los kikos o el mal gusto de Inés
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
Zapatero y la moral socialista
Rosendo Luis Fernández
Qué paradoja de vida viviéndola
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
CASA DE BAÑOS
La okupación en Ourense que el Concello no ve
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA
Ourense cubre sus seis plazas vacantes en la repesca MIR