Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Ya nos gustaría hablar de otra cosa
Hai un par de anos propúxenlle á editorial Galaxia -a esta a non a outra, pola miña condición de accionista, fillo e neto de accionistas, polo que pensaba poderían chegar a consideralo- a tradución dun libro pensando neste ano 2021, oitavo centenario do nacemento de Afonso X. Como non o fixeron, voullo comentar a vostedes por se o queren, xa non digo traducir -que seguiría sendo boa idea- senón comprar na versión orixinal como fixen eu, pola rede. O exemplar meu, de segunda man, aínda que fora publicado pola Universidade de Kentucky en 1998, proviña do Middlebury College Library (estado de Vermont, EEUU) e creo que non chegou aos 15 euros. E o tal College soábame porque un dos impulsores da súa sección de linguas romances foi o ourensán Primitivo Rodríguez Sanjurjo alá nos comezos dos anos vinte do século pasado.
Pero imos co libro: pastas duras, 25 x 30 cm feito por Annete Grant Cash e por John Esten Keller, dous estudosos do ramo medieval; ten 86 páxinas e 32 láminas que recollen 70 ilustracións a todo color. O tal titúlase Daily life depicted in the Cantigas de Santa María, ou sexa, A vida diaria pintada nas Cantigas de Santa Maria e é un interesantísimo manual a nivel de difusión para público non especializado sobre o contido das ilustracións dos “cancioneiros historiados”, isto é do famoso T-1 do Escorial e do Cancioneiro de Florencia. Se temos en conta que hai máis de 1.500 miniaturas entrambos, con milagres de todos os tipos onde se representan escenas da vida cotiá, pois temos, sen dúbida, o maior repaso debuxado, case poderiamos dicir “fotografado”, das décadas centrais do século XIII en Europa.
E así, o libro, logo da introdución, establece unha organización en apartados temáticos coas indicacións a que cantigas de ambos cancioneiros falan do tema. En total, e aínda que están referenciadas centos e centos máis, presenta a modo de exemplo esas 70 imaxes recollidas das cantigas, incluídas nas láminas en cores que van todas xuntas ao final do texto principal. Estes 27 temas son: clases sociais e misas; vestimenta civil, eclesiástica, militar, naval e de seguridade; a morte; desastres e accidentes; educación; fauna e flora; comida e bebida; mobiliario e cousas da casa; nomes de lugares xeográficos; saúde, medicina e o corpo humano; asuntos legais; amor, luxuria e matrimonio; persoeiros; peregrinacións; lugares e locais; castigos; lecer e entretemento; relixión; pecados e crimes; estruturas; o sobrenatural, anxos, demos, espíritos e almas; ladróns, salteadores de camiños, falsificadores e outros delincuentes; ferramentas e armas; viaxes; actos violentos; guerras; mulleres e nenos.
Logo das conclusións máis salientables, introduce un índice moi interesante no que dentro destes temas xerais, concreta en subtemas, sinalando a cantiga na que se encontra. Por exemplo, dentro do apartado “Desastres” inclúe: naufraxios de botes e barcos; incendios en igrexas; igrexa devorada pola terra; ameaza de caída de rochas sobre Monserrat; raios que afectan a un barco, a unha igrexa ou que matan xente; afundimento dunha mina, muller preñe afogada no mar; corremento de terras; galerna no mar; rotura mastro, erupción dun volcán.
E no apartado de nomes de lugares xeográficos inclúe 195 de todo o mundo daquela coñecido. En fin, a obra non está concibida como a tamén excelente tese de doutoramento da profesora Amparo García Cuadrado publicada como Las cantigas: El códice de Florencia, onde, a análise das miniaturas dese códice -de só 104 cantigas e moitas incompletas- ocupa 325 páxinas. Esta é unha obra pensada para o grande público; por iso eu a vía ben en versión galega. Mágoa.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
POSIBLE CORTOCIRTUITO
Un incendio iniciado en una habitación pone en jaque una vivienda en San Amaro
CONFIGURA LA PLANTILLA
El Antela pesca en el Atlético Arnoia y ficha a tres jugadores