Pilar Cernuda
LAS CLAVES
Sánchez, cuestionado por los suyos pero inamovible
Delirante. O do señor Espinosa pasa xa de castaño escuro. Iso de cualificar as políticas polo xeito de vestir e polo seu físico é absurdo, mais, por riba de todo, machista . Agora ben, sorprender non sorprende en absoluto, porque o machismo é a liña do seu partido. Non me gusta nada Albert Rivera, mais, neste caso, coido que leva razón cando responde a esas estupideces de Espinosa referidas ás militantes de Cs - “van (…) y con chicas jóvenes”- que o que cómpre é falar de ideas -as de Rivera son as que son- e deixar de facer comentarios machistas. Obvio. Ou non tanto, porque Espinosa, despois de indicar que retira o comentario para calmar os “ofendiditos”, volve incidir no asunto e empeora a cousa aínda máis.
Voluntariamente, conste. “Si les ofende, lo retiro -anunciou nun principio, para continuar seguidamente nunha liña corrosiva-, porque en el fondo no quiero que se piensen que son tan guapas: las guapas de verdad -hainas de mentira?- son las que tenemos en Vox -aí aí, que non flipen tanto as mulleres do partido laranxa- . Son mucho más guapas las nuestras -atención ao posesivo e ao de citar nomes para darlle peso ao seu “argumento” tan pertinente para a actualidade política- Rocío Monasterio, Reyes Romero, Macarena Olona, Malena Contestí...”. Aí parou. Nomeou só catro mulleres. Non porque non haxa máis, senón para non “abrumar” a Rivera. De todas estas declaracións tan relevantes inferimos que Espinosa “sabe” de que vai isto de ser ou non guapa, así é que ben se lle podería convidar a abandonar a política e achegarse ao mundo dos concursos de beleza, dado o seu refinado criterio para valorar o grao de fermosura das mulleres. Tamén lamentamos que non nos dera claves para recoñecer o atractivo físico -o de verdade- dos homes. Será que non posúe a mesma “capacidade intelectual” para valoralos fisicamente? Pregúntomo porque sobre eles só comentou algo referente o “look”. Que se levan garavata, que se van ou non afeitados… Pouca cousa, señor Espinosa. Moi cutre. Deléitese e coméntenos como están os “chicarróns” do seu partido. Son tan guapos como as chicas?. Non se corte e largue por esa boca.
Sexa políticamente incorrecto e aclárenos algo determinante nas nosas vidas, que estamos todas atentas aos seus vastos coñecementos sobre o particular. A ver, están ou non están bos os homes de Vox?; son novos ou vellos?; son máis guapos que os do partido de Rivera? É que necesitamos saber isto xa porque falta pouco para as eleccións e o que queremos son tipos cachondos que nos gobernen. Agardamos que faga o demandado axiña, pois se fai urxente darlle candela ao tema. A verdade, hai que recoñecer que o esperpento de Valle-Inclán quedou superado coas aportacións de Espinosa. Estamos ante un debate de altura. Só queda coller unhas palomitas, algo de bebida e sentar no sofá para ver o circo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Pilar Cernuda
LAS CLAVES
Sánchez, cuestionado por los suyos pero inamovible
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE OTOÑO
Hay que ir sacando la ropa de fiesta
Luis Carlos de la Peña
CAMPO DO DESAFÍO
Premios de arquitectura en Ourense
Fermín Bocos
Zapatero, cada vez más sombras
Lo último
"MIEDO, ANGUSTIA Y DOLOR"
Entre la ilusión de los niños ourensanos y el estrés de los renos en trineo
PRIMERA DERROTA EN EL PAZO
El COB paga carísimo un mal primer cuarto ante un Gipuzkoa muy acertado (77-89)