Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
El sonido del mar por ordenanza municipal
O oficio de "limpiabotas", recurso de, normalmente, xente "sin oficio nin beneficio", vaise facendo residual a medida que os tempos traen maior número de oportuni dades, por mor da educación, emprego e avance económico.
Nun principio era moi doado o seu exercicio. Era porlle ó cliente que calzaba zapato baixo un cartón triangular a cada lado, pra protexer os calcetís das manchas de colorantes e cremas; sacar os restos de terra na vira do zapato (a miúdo cunha moneda de cobre); limpar o pó do zapato cun cepillo máis basto có de dar brillo; darlle unha mau de anilina e cepillala hastra sacarlle brillo e, desegido, unha mau de crema e máis cepillo e remátalo cunha baieta de material apropiado pra polos coma un espello.
Co tempo, coa emulación entre colegas, pra acadar mais siareiros, fóronse refinando as téunicas e aplicando xeitos máis "barrocos" na execución da labor, sendo moi rechamantes os estralos que facían ó cambear o cepillo de mau e mailo chirrido mol da aplicación da baieta.En Ourense había un salón de "limpias"no Paseo, na entrada ó Bar Túnel io garaxe da Empresa Perille, xerenciado polo Luís "Pispa", no que estaban, entre outros que non lembro, o Filomeno, o "Pincho", o "Pancho", o "Naranxo", o "Manco" e dous hirmaus, O"iño", o "Herodes" e o Luís Sierra. Tamén había outro salón, máis pequeno, a carón da Empresa Suárez, na rúa do Progreso. Asimesmo, había dous "limpias" na Ponte. Un diles era alcumado "O Chato".
O sitio máis emblemático dos "limpias", e nunca millor dito, pois alí lles levaba os emblemas do Auxilio Social o Teodoro Cambeses, era a Praza Maior, onde estaba o "decano", Sr. Eladio, o "Charles"(tón), famoso por un certo apéndice que, asegún il, midía dez cás e medio, dos de cobre, de longo. Tamén foron indo alí "limpias" dos outros lados e, co tempo, o "pata de pau", o Vigés" e outros. O Manco e os seus hirmaus Darío e Manolo establecéronse na beirarrúa do Hotel Roma e máis na de enfronte, a carón da Armería Feijóo. Outros, na rúa do Paseo, coma Luís, hirmau máis vello do Manco, que foi sempre o "limpia" oficial" do Bar Miño. O Paquito "Plumilla", na Bilbaína, na que rematou de barman. O Mazaira. O estremeño Joaquín o "Xordo", etc. Coido que non érro si digo que de todos iles, o último en retirarse da labor, fará dez ou once anos, foi o Luís Sierra, na Peluquería Vélez, nas Galerías Centrales.
A modo de anedotario, diremos que no salón do "Pispa" había, penduradas da parede, unhas pizarras grandes, de Quinielas Dorzán, onde ía tododiós os domingos, a mirar os resultados do fútbol no famoso marcador simultáneo. Que, ademáis de limpar, tingían calzado e bolsos; poñían "filis", vendían cordos de zapatos e botas e tabaco de estraperlo e hastra facían recados. Desde eiquí o meu cativo homenaxe.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
LA REVISTA
Francisco Castro, paixón Beatle
LA REVISTA
La playlist de... Francisco Castro
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Fin de semana de calor en Ourense: los termómetros subirán hasta los 36 grados