Juan José Feijóo
Socialistas, entre dimes y diretes
Estaba absolutamente convencido de que o resultado ía ser favorable para eles e para tódolos seus, xusto o contrario do que foi. Sentía unha enorme felicidade pensando en que o que chegaba era verdadeiramente relevante e importantísimo para o futuro daquelas persoas que estaban dentro do marco da política, no seu círculo, aínda que lonxe, ou moi afastadas, da actividade profesional, desa que proporciona traballo a embute e salario reducido. Estaban con orgullo seguindo o ideario deseñado polo seu ídolo, aquel mentor de tantos, aquel totalmente disposto -igual que sempre- a repartir outros tantos desprezos. Aquel, ao que xa ninguén cre, que poucos escoitan e para o que moi poucos miran. Que mágoa, señorito!
O profesor Avelino Muleiro, nun artigo recente, falando da “Crise de valores” deixou varias leccións para quen queira sacar algo en limpo. A Tía Manuela, e probablemente varias das persoas lectoras deste xornal, súmanse por pura lóxica á proposta de Muleiro: “Deberiamos pretender que a sociedade lograse establecer criterios e normas que fixasen as mellores condicións para que a convivencia resultase posible e así cada persoa puidese programar a súa vida libremente”, con valores compartidos, con traballo compartido e compartindo esforzos, bens e riqueza.
Ao parecer, segundo os filósofos e segundo manifesta Avelino Muleiro, “os valores non se herdan, non forman parte da nosa xenética, senón que se ensinan e aprenden en cada cultura”. Nós temos valores propios e a nosa xente ten o dereito e a obriga de coñecelos, igual que os políticos deben ter a ilusión de preservalos, de resgardalos, defendelos e ensinalos. Aqueles que lideran grupos sociais, que propoñen cambios substanciais, que andan de arriba para abaixo e da dereita para esquerda seguido e sen avisar, deben facer un alto no camiño, parar e, debagar, mirar ao arredor. Se están diante dunha biblioteca, entrar e seguir mirando e observando.
Aquelas persoas prendidas atadas pola ilusión de mandar, se están ao lado do mar, deben aprender dos mariñeiros e empaparse dos seus valores e, se andan polas beirarrúas da cidade ateigada de xente e de turistas, deben reflexionar e recapacitar sobre o que se fixo mal. Obviamente, non teñen que perder a esperanza nin a confianza, pero non deben esquecer que, como en “Grândola, Villa Morena”, o pobo é quen ordena.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Juan José Feijóo
Socialistas, entre dimes y diretes
Juan Andrés Hervella
ARQUITECTURA POPULAR
Etnografía
Patricia López
BRÚJULA DIGITAL
Espejito, espejito
Simone Saibene
¡BUONE VISIONI!
“Por cuatro perras”
Lo último
VIAJAR ES UN PLACER
El turismo masivo ya afecta al 77% de los viajeros de negocios en España
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este sábado, 11 de julio
La Región
Divagando sobre nonatos