Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Las verbenas del Posio
Impresionante! Pasa o tempo, corren os anos, cambian os gobernos, os sistemas, as ataduras, os medios de ensino e de transporte, as modas, as formas de vestir e as formas de peitearse a xente, pero nada máis. Hai aspectos que non se moven e as desigualdades non minguan. Non! Pola contra, ás veces, atufan como se medraran e medran, agrándanse entre os iguais, entre as persoas de aquí e de acolá, entre os homes e as mulleres, entre os mozos e entre os vellos, aos que tanto se lles quere alí na residencia de non se sabe onde, nunha cidade, nunha vila ou nun descampado calquera.
A burocracia dos Servizos Socias e de Igualdade medra cada día, agrándanse as estruturas gobernamentais, aumentan os altos cargos e as altas cargas en medidas desproporcionadas. E fano como se fose o normal ou o mellor para as persoas que sofren a desigualdade real, para os que teñen chagas no corpo e ferida a alma, para os que non teñen máis consolo que o sentir daqueles versos de Celso Emilio Ferreiro: Anque as nosas palabras sean distintas,/ e tí negro i eu branco,/ si temos semellantes as feridas,/ coma un irmáu che falo.
Para acadar a igualdade de dereitos, que vai parella coa igualdade de responsabilidades, é conveniente fuxir da hipocresía e que a sociedade, e todos e cada un dos seus integrantes, estea comprometida e respecte os valores da liberdade, da xustiza e do pluralismo. É conveniente que a sociedade teña presente, sempre, que a propia igualdade é un dos valores primeiros, é un Principio e é un Dereito Fundamental.
As e os que andan na política, ás veces, parece que non o entenden e converten a igualdade nun medio de vida, de traballo, de estudio, de discusión e tamén de lucro; nunha arma de ataque directo á liña de flotación do navegante adversario, mentres as accións que a violentan son cada vez máis cruentas, por absurdas que parezan. Alguén sabe cal é o camiño? A Tía Manuela apunta á educación, á formación e ao acceso ao traballo, ao respecto, ao compromiso e ao sentido común.
Efectivamente, pero sen esquecer que aquelas persoas ou grupos que se atopan en situación de desvantaxe social, económica, política, sanitaria ou cultural deben ser favorecidas e apoiadas polos poderes públicos, “por enriba de tódalas fronteiras, / por enriba de muros e valados”, no camiño da igualdade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando Ramos
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Las verbenas del Posio
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
No es un asunto menor
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Accidente del Yak-42
Roberto González
Jorge Bermello
Lo último
MÁS DEPORTE
Maceda, el paraíso de las bicicletas nunca falla
DERBI, EUROPA Y DESPEDIDA
Iago Aspas confirma que será su última temporada en el Celta: "Ni yendo a la Champions"