Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: El olvidado Ourense
Se a liberdade falara, estaría obrigada a calar, tería que repensar o que din dela e tería que agrandarse nos mundos todos, nos do mando e nos da obediencia. Tería que redefinirse e dicirlles aos interesados cal é o seu significado e que obxectivo ten preparado. Liberdade de expresión, liberdade de participación, liberdade de acción ou de elección, liberdade para escoller a boa taberna, para circular e andar, para ler ou para atender aos que falan e tanto falan, con coherencia ou sen ela. Liberdade relixiosa, de pensamento, de comercio e de tránsito, liberdade para camiñar, falar e parar. Quen será o dono de tanta santa liberdade?
Ou, se alguén pode contestar, quen é o dono da liberdade daqueles que amordazan á sociedade, sen precaución, sen atención, sen miramentos e sen explicacións? Quen son e que queren? “Liberdade para todo e -como di a Tía Manuela- para nada”. A bo seguro que é certa aquela expresión de que a liberdade é unha regalía para os pobos, moi valorada durante a Revolución francesa, en consonancia coa igualdade e a fraternidade. “Liberdade, igualdade ou morte” chegou a ser proclama popular, mentres outros pensan que a liberdade non se entende para morrer nin para matar.
A liberdade, a igualdade e a fraternidade deberían entenderse como principios e, xa que logo, como valores da sociedade destes tempos. Para fortalecelos deberían asumir as súas responsabilidades os políticos, en primeiro lugar, os do goberno e tamén os da oposición, que teñen a obriga de non soltar a vara de aguilloar.
É cuestión de filosofía, incluso, de harmonía, de querenza e de bonhomía. Non é necesaria a política, pero é imprescindible a observancia, a orde e o saber. Entre outras cousas, cómpre saber que a liberdade hai que cultivala e ganala, procurala e esixila. A liberdade en Madrid é o que é, en Barcelona e en Cataluña enteira é outra cousa diferente, igual que é distinta nesta Galicia nosa, no Norte ou no Sur.
Efectivamente, é unha palabra, un canto e a receptora doutros cantos con música revolucionaria e solemne. A liberdade é un berro que precisa voz moi alta e aquelada. Todos, vostedes, amigos lectores, eu e os outros, sexan de onde sexan, negros ou brancos, temos que xuntar as forzas todas para obrigarlles a parar aos represores, aos depredadores das liberdades, independentemente das escusas que aleguen, por moi sanitarias que parezan.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: El olvidado Ourense
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Estrías do tempo
INCUMPLIMIENTO DE LAS NORMAS
Las inquiokupaciones en Ourense
LIBERTAD DE EXPRESIÓN
El peligroso miedo a decir lo que se piensa
Lo último
"BOICOTEAR" LA INVESTIGACIÓN
El fiscal pide 15 años para el exministro de Rajoy Fernández Díaz por la Kitchen
VIRXE DOS OLLOS GRANDES
El Museo Provincial de Lugo acoge "Miradas", la nueva exposición de Acisclo Manzano