Juan José Feijóo
Socialistas, entre dimes y diretes
O amigo pastor nestes tempos de seca andaba pastoreando o seu gando, as ovellas, as cabras, as vacas e un par de cabalos. Si, tamén coidaba da burra moura, de tres cans de raza grande, especiais para as andainas loucas e atrevidas do lobo, daquel lobo raxado que vén e mata, come e marcha, coa barriga chea, outeando e ouleando polo monte abaixo. Con enorme felicidade vai o lobo bruando, aínda que sabe que o silencio é o seu mellor aliado, vai anunciando que busca outro rabaño, canto máis grande e máis amedrentado, mellor. O medo, sábeno ben, “sempre está disposto a velas cousas peor do que son”. Xa é dicir!
O amigo pastor non entende nada, non recorda unha época de tanta calor nos montes polos que anda. Ao parecer, a primavera de 2020 foi a máis seca de tódolos anos que el recorda. “Non é normal que pasemos tanto tempo sen chover, sen caer unha gota de auga”, di o esforzado traballador, obrigado a ver cada día como esmorece a horta, como morre todo o plantado e como os arredores perden o sentido, as xentes, os animais e as cousas. O sentido e a memoria, que non deberían perderse nunca, para dar continuidade e contexto certo á historia, para deixar constancia de quen somos e de onde vimos, para seguir sendo libres.
Triunfa e campa ás súas anchas o virus da pandemia, igual que as herbas malas, cortando a liberdade que se arela e se persigue. O amigo pastor, os seus cadelos e toda a veciñanza teñen medo aos rebrotes, aos novos brotes, aos que veñen, van e andan sen sosego, sen control e sen parada. Non hai calor que pare a este bicho ruín, que ameaza o futuro, que cambia os costumes, que distorsiona a economía dos ricos, agranda a pobreza dos pobres e enloda as relacións persoais, familiares e veciñais. É un mal sen parangón, como se fose deseñado para cambiar o mundo e exterminar, dunha vez por todas, aos pastores e aos rabaños.
Quen administra o andar do virus? Se é posible, quen pode e quen debe frealo? A Tía Manuela, igual que os científicos e expertos mundiais, non ten resposta para estas preguntas, pero amosa unha enorme desconfianza e fai outra pregunta: A quen favorece a pandemia? É evidente que os traballadores saíran moi prexudicados, son vítimas da hecatombe, desta zarracina que afecta con dureza e con vocación de exterminio aos sistemas educativo, sanitario e produtivo, que evidencia á globalización como a gran mentira.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Juan José Feijóo
Socialistas, entre dimes y diretes
Juan Andrés Hervella
ARQUITECTURA POPULAR
Etnografía
Patricia López
BRÚJULA DIGITAL
Espejito, espejito
Simone Saibene
¡BUONE VISIONI!
“Por cuatro perras”
Lo último
VIAJAR ES UN PLACER
El turismo masivo ya afecta al 77% de los viajeros de negocios en España
LOS TITULARES DE HOY
La portada de La Región de este sábado, 11 de julio
La Región
Divagando sobre nonatos