Daniel Montero
SUEÑOS DE OLIMPIA
Italia en los 70: años de plomo, años del Lazio
Agardaba que baixara a marea ou que a marea subira. Estaba soa e agardaba que pasara o tempo e o tempo non se paraba. Era imposible de saber que era o que ocorría aquel día na Mariña, que -por certo, aínda que sen constancia escrita- limita con Inglaterra, mar por medio. Ou como dicían outros dos expertos relatores do acontecer, A Mariña de Lugo e a provincia enteira, xunto co resto de Galicia, está no medio do mar. Si, señor, no medio do mar ou entre mares.
Destas elucubracións, e de outras tales, falouse en Ribadeo, no marco das xornadas “Mar por medio” que se desenvolveron neste lugar xacobeo por arte e obra da Academia Xacobea, do Concello de Ribadeo, das universidades de Santiago de Compostela e de Oviedo, de Turismo de Galicia, do Principado de Asturias e a Deputación Provincial de Lugo. Constituíron un verdadeiro éxito, pola importancia, o saber e as explicacións dos relatores; pola organización do evento, pola asistencia cualificada e plenamente entregada á causa do Xacobeo. Por todo.
O Camiño de Santiago permítelles aos observadores contemplar como se achican as discrepancias e como medra a razón, cando se aplica o coñecemento ao falar, á divulgación e á discusión
É obvio que estas xornadas están verdadeiramente consolidadas, para orgullo dos participantes, do alcalde de Ribadeo, dos membros da corporación municipal, dos traballadores e técnicos do municipio e de todas as persoas que buscan o desenvolvemento e o progreso da terra e dos homes.
O presidente da Academia, Marcelino Agís, estaba entusiasmado cos logros, con contar os logros e con facer “o que faga falta”, para lograr que o Camiño de Santiago sega desfrutando do seu enorme éxito. “É igual que unha ponte -dicía- cruza ríos, une territorios, xeografías, terra e mares.
O Camiño de Santiago permítelles aos observadores contemplar como se achican as discrepancias e como medra a razón, cando se aplica o coñecemento ao falar, á divulgación e á discusión. Galicia e os seus arredores están unidos por terra e por mar, por cultura e por lingua, por ineficientes estradas e moi deficientes vías férreas. Están unidos, eles e mais nós, polo acontecer de cada día, polo clima e pola xente; pola gastronomía, polo territorio e polos costumes.
Nas Xornadas Mar por medio, todos os ilustres relatores e representacións ao máis alto nivel, falaron do Camiño de Santiago como patrimonio, como un ben común da humanidade, coa terra e cos mares. De cada persoa e de cada pobo. Que así sexa!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
DIÓCESIS DE OURENSE
Más de un centenar de jóvenes ourensanos irán al encuentro con el papa
EXONERACIÓN DE DEUDORES
Récord de peticiones en Ourense para el perdón legal de las deudas
"NOS VOLVEREMOS A LEVANTAR"
Róber Gutiérrez, técnico del UB Conquense: "La UD Ourense es espectacular y muy merecedora del ascenso"