Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
La ausencia de odio
Ede verdade que lle cantaches as corenta?, preguntoulle Clodomiro, O Xordo, a Salomón, O Cego. Claro!, por que non llas ía cantar!, respondeu este. E como fixeches?, insistiu aquel. Pareces parvo, sorprendeuse Salomón; pois xuntei o cabalo e o rei de trunfos e xa está. Serás mameluco!, foi agora O Xordo o que se sorprendeu ante a resposta; eu refírome a outro cante. Ahhh, ese de cantarlle as verdades? Si, Salomón, si; ese. Só lle dixen que era peor ca unha cagada de mosca e que oxalá as lombrigas lle premesen o cu a fondo. Home, Salomón, por Deus; nin tanto nin tan pouco. E durante un bo cacho, Clodomiro, O Xordo, e Salomón, O Cego, falaron da metáfora das corenta. E falaron a berros, claro, porque Salomón non oía un carallo. Si, digo ben, porque O Cego era o que oía mal, mentres que O Xordo tampouco é que vise máis alá dun burro a tres pasos. Unha vez máis a inventiva, a retranca da xente das aldeas ten o seu aquel. Seguro que ó máis lento da aldea lle chaman o Fitipaldi.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
La ausencia de odio
Rafael Torres
Por ser estudiante y mujer
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
De la mentira al insulto
Lalo Pavón
O AFIADOR
Heroes fronte á ELA
Lo último
INMUNIZACIÓN DE LOS NIÑOS
Vacunación de gripe y covid en Ourense 2026: cuándo empieza, quién puede vacunarse y dónde
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Ourense encara un fin de semana de calor con hasta 35 grados de máxima