Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
La ausencia de odio
Cando se firen os sentimentos relixiosos córrese o risco de que algún dos crentes se de por aludido. Leo en La Región a un colaborador asiduo que se mofa dos sentimentos e da fe que foi o noso berce, o das Españas, Nación de Nacións. E o citado mofador mezcla allos con cebolas, e ata remata falando do papa Francisco que, según di, "está nas barricadas con quenes queren conquistar o ceo político".
Non home non. Quen enriba firma respeta, faltaría máis, que se poda presumir de ateo ou de agnóstico. Que pertenza ás cavernas relixiosas que hoxe están contra Francisco, cando temos a un Vicario de Cristo na Terra que lles chama ás cousas polo seu nome.
Por outro lado están os terroristas islámicos que se inmolan, xa que logo van disfrutar de sete vírxenes no Paraíso que lles promete Alá. E andan pola Europa nosa, cuio berce foi o cristianismo, e na que tres democristianos de todos coñecidos formaron a Unión Europea. Eiquí nas nosas Españas, en Sevilla e en Córdoba, os da coleta apoiados polo PSOE, que anda como un polo sen cabeza, queren que a Giralda e maila Mezquita Catedral deixen de pertencer á Igrexa católica. Outros parvos, como dicimos na nosa Galicia, xa que a Mezquita fai setecentos anos que pertence á Igrexa católica.
Remato. Non ofenda os nosos sentimentos. E tranquilo, que Deus Todopoderoso xa o acollerá, se non confesado si arrepentido. Xa dixera Shakespeare: "Inda que sexas tan casto como o xeo e tan puro como a neve, non escaparás da calumnia". Eiquí hai parvos e tamén mouros, inda que estos son pacíficos. E no Vaticano temos un papa que non está nas "barricadas", senón arrodeado do Pobo de Deus, que se conta por millóns. Son barricadas o bicarlle e lavarlle os pés eiquí na Europa insolidaria aos refuxiados que tiveron que fuxir dos seus países? Un pouco de sentidiño e de respeto.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
La ausencia de odio
Rafael Torres
Por ser estudiante y mujer
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
De la mentira al insulto
Lalo Pavón
O AFIADOR
Heroes fronte á ELA
Lo último
INVESTIGACIÓN POR FEMINICIDIO
Detenido en México "El Trompas", presunto responsable del asesinato de Claudia Tacoronte
ROCK ARGENTINO
Concierto Pacífica en Café & Pop Torgal