Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
¡BUONE VISIONI!
Overán é tamén unha época onde o maior tempo libre permítenos recuperar películas ou series estreadas ao longo do ano. Dying for Sex, estreada hai dous meses en Disney +, é unha dela. A serie está libremente inspirada na historia de Molly Kochan, unha muller con diagnóstico de cáncer terminal que ía contando a súa vida nun célebre podcast xunto con Nikki Boyer. En vez de resignarse ao seu destino, Molly decidiu emprender unha última aventura cara ao seu autodecubrimento sexual e deitouse con máis de 200 homes.
Dying for Sex non é un biopic ao uso. Molly, a protagonista da serie, é mais ben un personaxe construído sobre o legado de Kochan. Os 8 capítulos contan as vivencias dunha muller que estivo 15 anos sen ter un orgasmo. E que decide deixar ao seu marido despois de recibir a noticia do seu cáncer, para explorar os seus desexos sexuais. Durante o tempo que lles queda – non é moito – decide aventurarse en territorios descoñecidos sen prexuízos, deixándose guiar polo seu instinto...
A pesar das premisas, non estamos diante dunha serie construída sobre unha acumulación de anécdotas sobre o sexo ou amantes ocasionais. Dying for Sex é máis ben unha obra sobre o autotescubrimento persoal cun punto de vista feminista. É unha dramedia escura e divertida á vez, onde eros e thanatos se dan a man. O guión, escrito por Elizabeth Meriwether e Kim Rosenstock, se burla de todo: da masturbación, dos enfermos de cancro que non aceptan o estadio catro, dos novísimos xoguetes eróticos, da masculinidade tóxica… Pero máis aló das risas, é unha serie que ten unha mirada transparente e consegue relatar situacións moi dramáticas sen perder a vitalidade. Fálase da sexualidade e da decadencia física con honestidade, de forma directa e moi visceral.
Visualmente, Dying for Sex mantense enfocada sobre os personaxes. Michelle Williams regálanos unha interpretación chea de matices. A actriz ten unha verdadeira capacidade de transmitir emociones alegres e dolorosas transitando dunhas as outras en espazos de segundos. A súa amiga Nikki (Jenny Slate), que poderíamos definir a coprotagonista da serie, é tamén outro personaxe imprescindible da serie. Porque Dying for Sex non é só unha serie sobre a liberación sexual, tamén é unha gran oda á amizade e ao amor incondicional. Nikki queda ao lado da amiga, apóiaa durante o proceso da súa enfermidade así como no seu percorrido de autodescubrimento sexual, sen prexuízos, sen xulgala.
Dos outros personaxes que orbitan arredor de Molly lembramos a súa nai (Sissy Spacek), o seu veciño (Rob Delaney) ou o Dr. Pankowitz (David Rasche) que tamén teñen un certo peso dentro da serie.
Unha última consideración a marxe: Dying for Sex trata temas universais pero desde o enfoque do primeiro mundo, desde o punto de vista dun estrato social americano culto e medio alto. De feito, na serie o sistema médico parece idílico. E unha situación bastante lonxe de ser realidade pola gran maioría da poboación estadounidense. No ben e no mal, Dying for sex céntrase exclusivamente nos individuos e nas súas decisións particulares. E nisto sí, nótase que é unha produción ‘star and stripes’ de Disney.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
El empedrado medieval de la ciudad vieja
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Los más de mil apodos de Benchosey… y los nuestros
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Nicolás
Lo último
COLABORACIÓN CIUDADANA
Desaparece un menor de 13 años vulnerable en Ourense
20 ANIVERSARIO DE ASTUREX
Los productos asturianos llegan ya a 150 países y se duplican las empresas exportadoras en dos décadas
COOPERACIÓN INTERNACIONAL
El embajador de Japón reafirma en DiploInnova Canarias el interés por el archipiélago