Fernando Jáuregui
TRIBUNA
Cumpleaños ¿feliz?
Dende os dous anos e medio -e xa teño oitenta e catro- estiven por esos mundos de Deus acompañando ao meu bon pai, que era apoderado do Gran Circo Feijóo, dende a súa fundación co vilanovés don Secundino Feijóo Méndez e logo co seu fillo don Manuel, que foi meu padriño de pila.
Percorrín as Españas de enriba ata abaixo. Coñecín os meirandes artistas: domadores, trapecistas, equilibristas e como non aos paiasos más famosos das Españas. Dende os irmás Moreno ata Pompoff e Tedy cos seus fillos.
Non houbo lugar onde no fora, nin artistas que non coñecera. Eiquí en Ourense tamén tivemos o Circo da Cidade dos Muchachos. Mágoa de como feneceu o que despertaba tantas ilusión aos que amamos o Circo!
En Madrid estivo na Praza do Rei o Circo Price, e hoxe hai o mesmo perto de ronda de Atocha. Logo andaban polas Españas o Circo Corzana, o Hervás, os Tonetti, o Mundial o dos irmáns Moreno, no que ía meu bon pai defendendo os intereses de don Manuel Feijóo.
Vin actuar a "Charlie River" -José Andreu Lasarre, que era seu verdadeiro nome-. Tamén Ramper no Circo Feijóo. Pinito del Oro, a grande trapecista canaria. E a unha morea dos mellores artistas. Logo don Manuel emparentou con Arturo Castilla, que había formado parte dos Hermanos Cape, uns paiasos vascos maravillosos.
E Arturo Castilla fundou como socio de don Manuel Feijóo Salas o Gran Circo Americano. E publicou un fermosísimo e documentado libro, "La otra cara del Circo", e que teño coa adicatoria que me puxo: "A Manolo Rego con todo mi cariño y admiración le dedico este libro que nos trae a todos el recuerdo de su padre, ejemplo de honradez, lealtad y amor al Circo".
O Día Mundial do Circo e o domingo 17 de abril de eí este meu recordo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando Jáuregui
TRIBUNA
Cumpleaños ¿feliz?
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
4.812 turistas en lata
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Dom Pérignon
Itxu Díaz
USOS Y COSTUMBRES DEL VERANO
Los selfies de la comida: el gran juego del postureo de verano
Lo último
ENTRE EL RESPALDO Y LAS CRÍTICAS A ESPAÑA
Los ministros de Interior de la UE afrontan este martes la tragedia humanitaria de Ceuta
MÍNIMO DE CASI DOS DÉCADAS
El paro sube en julio hasta los 2,31 millones pero el desempleo juvenil alcanza un mínimo histórico
DEL CALDEIRO A LA MESA
Carne ao caldeiro en Ourense: dónde comer este plato gallego en verano