Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
La ausencia de odio
Ten que ser correndiño. Máis ou menos mentres o jazz de Arturo Sandoval se mete polos meus oídos. O relato do que aínda non sei de que irá hai que escribilo en pouco espazo de tempo. Porque teño poucos minutos para facelo. Debedes de saber que o tempo sempre se bota encima. Que non se detén. Que non para. Si, xa sei que ás veces vai lento. Pero é a nosa cabeza, non o tempo. O tempo nin vai rápido in vai lento. Vai, e punto. Como vai o merlo como unha chispa a picar nas cereixas da Filomena, a filla da Dominicana. Certo, chámanlle así porque estivo na República Dominicana. Hai xa moitos anos. Pero alá estivo. Non sabemos que fixo, pero alá estivo. A Dominicana, que na realidade chámase Clementina Radena Sabarís, nunca quere falar daquel país. E moito menos da súa vida. Só alcanza a confesar que... a fame foi a causante da súa emigración. Pero tampouco volveu rica. A ver se nos decatamos dunha vez: que a emigración tampouco é unha bicoca. É unha pena, unha auténtica pena. Pena porque é penoso marchar do teu propio país para ganar o pan. E pena por regresar, como se adoita dicir, coas mans baleiras ou co rabo entre as pernas. Xa está. No pouco espazo de tempo xa está. Sobroume incluso tempo; porque segue o jazz de Arturo Sandoval.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
La ausencia de odio
Rafael Torres
Por ser estudiante y mujer
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
De la mentira al insulto
Lalo Pavón
O AFIADOR
Heroes fronte á ELA
Lo último
XESTIÓN DO TERRITORIO
A Casa Vella de Amiadoso, en Allariz, une cultura e ecoloxía para protexer o agro