Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Te recuerdo Viana
Anxo Quintana sofre, con certa recorrencia, ataques varios dende determinadas trincheiras. Construiuse un obsesivo discurso fronte ao antigo vicepresidente da Xunta que segue vixente arestora.
A obsesión ven xa de vello. E a teima non é só persoal con Anxo Quintana-que tamén- senón con todo o que pertenza ao mundo do galeguismo moderno e capaz de artellar solucións prácticas para este País. Anxo Quintana dixo recentemente que a clave desta xenreira e da insólita campaña de destrución persoal desenvolvida a primeiros do 2009 son as presións exercidas a respecto da adxudicación do concurso eólico, a fins do 2008. Naturalmente, ese relato pertence ao coñecemento do propio Quintana. O que eu lles podo dicir, dende a responsabilidade institucional que na altura exercía, é que encaixa milimétricamente con todos os acontecementos que puiden observar moi de preto ao longo das semanas seguintes, comezando pola extrañísima reacción (decembro do 2008) do representante da Consellería de Medio Ambiente, ordenada polo propio Pachi Vázquez,ao abandonar a comisión que tiña que propor a adxudicación do concurso eólico, sen que constase discrepancia ningunha, nin fáctica nin xurídica coa proposta da Consellaría de Industria. Cál foi a orixe desta orde de Pachi Vázquez?
Quintana, coma calquera, cometería erros políticos. Mais na campaña desenvolvida no 2008-2009 (e insólitamente reaxida agora, cando está fóra da politica activa) o detonante non foron aqueles. Foron os obxectivos serios e factíbeis do concurso eólico, que pretendían un substancial incremento da actividade industrial de Galicia e o empoderamento dos nosos emprendedores a respecto da dependencia co capitalismo español de amiguetes. Obxectivos que cumpría estragar.
Como di Quintana "o medo a ser o obxecto da próxima cazaría afasta á xente da vida pública… Eu aprendín a lume que non se pode vivir con medo".Pódese dicir máis alto, pero non máis claro.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xaime Calviño
LA PREGUNTA DEL DÍA
En Portada: Te recuerdo Viana
¡BUONE VISIONI!
“He-man y los Masters del universo”
Pilar Cernuda
CRÓNICA PERSONAL
Al sanchismo no le puede ir peor
Chicho Outeiriño
La despersonalización de las barriadas (I)
Lo último
Nueva tecnología
Los seguros, otra ventana de oportunidad en el negocio de la IA
NUEVO FICHAJE
Xabi Oroz, un base de garantías para el COB
CORREDOR LOCAL MÁS RÁPIDO
Fermín Sousa recoge el premio José Luis Outeiriño del 59º Rally de Ourense