La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
O Partido Popular de Ourense oficializou sancionou onte o liderado de Luis Menor como presidente provincial da formación, rematando o periodo de interinidade que se produciu despois da renuncia do seu antecesor José Manuel Baltar, quen xa anteriormente deixara a presidencia da Deputación, pasando a mans do propio Menor despois das elecións municipais de 2023, así como a xestora encargada de dirixir o partido ata o congreso de onte.
Aínda que o terreo estaba abonado e sin atisbo reseñable de disidencia interna, o paso dado polos populares ourensáns non é menor (facendo abstracción da chanza que poida significar a coincidencia co apelido do xa presidente), posto que rompe cun xeito de gobernar durante 44 anos, dende que en 1979 tomara posesión Victorino Núñez, a quen sucedeu José Luis Baltara en 1990 e a este o seu fillo José Manuel entre 2012 e 2023.
Polo coñecido ata agora, Luis Menor parece disposto a imprimir o seu propio marchamo político. Se a memoria non me falla (que podería ser, posto que o paso do tempo debilita a consistencia dos recordos), é a primeira vez que na institución provincial o grupo gobernante chega a un acordo ca oposición para a distribución equilibrada de fondos e investimentos nos concellos. A iniciativa, saudada como un signo de aire fresco para política ourensá, non estuvo -nin está- exenta de algún resquemor interno entre nas formacións firmantes do pacto. Hai duas razóns que os alentan: a fractura da cultura da confrontación e o disenso permanente como forma de entender a política práctica, tan interiorizada durante décadas, e o fin do trato de favor a algunhos concellos populares amparado pola afinidade de siglas, afinidade co alcalde de turno ou polo peso político deste último, independentemente do que representase o seu concello no concerto socioeconómico provincial.
Abre, pois, o seu mandato oficial no PP nun ambiente de tranquilidade, si ben Luis Menor, que non é un aficionado, sabe como todos os políticos que ese estadio é unha concesión temporal suxeita á evolución dos acontecementos e retos aos que teña que facer fronte. Aí figura, sen dúbida, o concello de Ourense no nivel 1, pola sua entidade e consecuencias. A situación excede ó PP, pero está dentro do problema. Son moitas as voces convencidas de que a deriva actual conduce á perpetuación da catástrofe na terceira urbe de Galicia -privilexio amenazado polo retroceso constante- que acolle á terceira parte dos residentes na provincia.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
La mirada sabia del barman
Miguel Anxo Bastos
Extremadura: la clave está a la izquierda
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
Lo último