Sergio Otamendi
CRONICA INTERNACIONAL
Venezuela: Delcy, entre Maduro y Trump
Non se entende moi ben, pero ao parecer é así, temos a Illa nun océano de navegantes piratas e temos pouca capacidade e poucas posibilidades para saber que é o que pasa. Algúns teñen a sensación e crenza de que as estratexias dos partidos políticos e dos políticos están deseñadas para que aqueles que chegaron ao poder poidan manterse, e para que os que aspiran a cambiar de cadeira poidan facelo pronto, de inmediato ou cando lles pete.
Os integrantes do equipo dominante, gobernan e opóñense ao goberno, ao mesmo tempo. Son dúas cousas á vez, nun intento de deixar os campos todos despexados e ocupados. Queren ser e non ser, como se fose `o mesmo´ e `non o mesmo´, sabendo -como saben- que “o negativo como concepto é o resultado de varias mutacións do non ser”.
O xefe do equipo de gobernanza non dá feito, sáenlle ananos por tódalas esquinas e dentro, e moitos deles son teimudos con enorme capacidade para increpar, coa malicia de querer estar e non estar ao mesmo tempo. A estratexia destes está elaborada e perfectamente deseñada para marcar as diferenzas, para ser e non ser, segundo conveña e segundo o momento.
A oportunidade presentábase propicia, o xefe decide facer limpeza, airear e refrescar unha área concreta, aquela que atufaba a desesperanza, na que a moral do persoal estaba supeditada ou condicionada pola morte dos mortos da pandemia. Aí está, unha grande patada para arriba e zas! “Xa podemos abrir a ventá e outear o futuro, que máis tarde ou máis pronto chegará”. Ao morrer o can, acabouse a rabia. Pero inesperadamente rompeu a rampla, cambiaron os tempos e agora? Agora que será?
O mesmo! Presentarán en positivo o cambio e o recambio. O goberno terá integrada no seu ser a contra, con inútiles discusións constantes, con escaseza de ideas, sen rumbo e coa avaricia dos avarentos, con contradicións permanentes e con razón, ou máis ben, sen ela. Son así. Como lembra a Tía Manuela, “Deus dáos e eles xúntanse”. Son gobernantes acostumados a moverse a nado nun océano de navegantes piratas. Uns poñen a rampla para o despegue do ministro e as outras retíranlle a base para que se esnafre, para que se estrele e volva coa suor na testa e a dor no corazón e no peito.
Mentres todo isto ocorre, a oposición anda sen cabeza, lánguida, desnutrida de ideas e de proxectos, turrando entre eles para ver cal é o primeiro do vagón da cola. Os que teñen poder e poden, sempre montan na parte dianteira.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Sergio Otamendi
CRONICA INTERNACIONAL
Venezuela: Delcy, entre Maduro y Trump
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
Que si. Que non
Fernando Jáuregui
Por qué ir a la manifestación (¿y por qué no?)
Fernando Lusson
Vía de servicio
Sánchez se encastilla
Lo último
NATURAL DE CASTRELO DO VAL
Gabi Guede, el oro mundial que reivindica el talento joven del rural
PLANES EN OURENSE
Agenda | ¿Qué hacer en Ourense hoy, miércoles 2 de septiembre?