Carlos Risco
LOS ASUNTOS IMPORTANTES
Sobre el vagabundeo
Vimos de vivir unha intensa semana de exaltación de Galicia, como sempre facemos a finais do mes de xullo. A forza política que máis se parece a Galicia, o PPdeG, celebrouno acaídamente no mirador de Bocarribeira a pouca distancia da Casa Museo de Otero Pedrayo en Trasalba, concello ourensán de Amoeiro. Un acerto neste ano 2026 que o Parlamento de Galicia declarou “ano oteriano” en homenaxe ao máis grande intelectual que deu esta terra, unha figura de dimensión universal que, contemplado con perspectiva histórica, seguíu a estela doutro ourensán, de Casdemiro (Pereiro de Aguiar), Benito Jerónimo Feijóo, a figura máis destacada da Ilustración, autor por certo do discurso “Defensa de las mujeres” (1726) considerado o primeiro tratado do feminismo español.
A entrega das Medallas de Galicia o día 24 polo presidente Rueda distinguíu este ano á emigración galega encarnada en catro mulleres que destacan de xeito sobranceiro en diversos campos da actividade (a hostelería, a fiscalía de menores, a comunicación e a odontoloxía) en países como, respectivamente, Arxentina, Suiza, Estados Unidos-Venezuela e Brasil. Ledicia e orgullo inmenso comprobar como tres das catro premiadas teñen orixes na provincia de Ourense e a esa circunstancia fixeron alusión nas admirables intervencións que foron quen de pronunciar. Con frases que tanto me impactaron como “o galego non emigra: fai as maletas e leva Galicia con el” ou “a Galicia estráñala aínda estando nela”, por riba de frases tan lapidarias como “a dignidade non se concede, recoñécese”. Leccións de saber estar, profesionalidade e sentimento de pertenza á galeguidade que nos acolle en calquera lugar do mundo.
Para o epicentro do día grande de Galicia, celebrando Santiago Apóstol, patrón de España, non pode atoparse mellor lugar (para homenaxealo e tamén a Galicia, a nosa Nai e Señora) que a Praza de Raxoi coa imponente Catedral de Santiago de Compostela, a catedral de Europa, fin do camiño de millóns de peregrinos que chegan de todo o planeta para, despois de atoparse a si mesmo nunha viaxe espiritual única, contemplar a beleza do Pórtico da Gloria e ver en acción o noso botafumeiro universal. Neste ano, os protagonistas do acto non podían rezumar máis ourensanía, pois o arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto Fernández, é ourensán e recibiu ao delegado do rei Felipe VI para realizar a ofrenda ante o Apóstol, que non foi outro que Miguel Angel Santalices, presidente do Parlamento, tamén ourensán. Entrou na Catedral escoltado polo próximo presidente do Goberno de España, o ourensán Alberto Núñez Feijóo, e polo presidente de Galicia, cuxo apelido, permítanme a brincadeira, fai referencia ao símbolo da nosa identidade: a roda de afiar.
Fago fincapé na “peza” discursiva de Santalices, dunha talla política, intelectual e humana que cómpre suliñar. Un galeguista e humanista cristián que incluíu na súa ofrenda a protección para a democracia, o “camiño de Nós” en 1926, a encíclica “Magnífica humanitas” do papa León XIV, o Pacto pola Língua en Galicia, lembrando o consenso acadado para a constitución da Fundación de Galegas e Galegos Ilustres, a transformación dixital responsable, a corrupción política, un modelo xusto de financiación autonómica… sen deixar de lembrar ás vítimas e afectados polos incendios en Almería e polos terremotos en Venezuela, á emigración galega e a quen sofre desigualdade, soidade ou enfermidade. Non deixou puntada sen fío, como debe facerse nunha oportunidade tan solemne, sen quedar nada no tinteiro. Tamén acertou na cita escollida para rematar a súa alocución, traendo as verbas de Castelao no seu “Alba de Gloria”: “Que a fogueira do espírito siga quentando as nosas vidas e que a fogueira do lume nunca deixe de quentar os nosos fogares”. Estivo a punto de pechar coas dúas verbas de Don Ramón despois dos seus discursos: “Teño dito”. Porque Santalices dixo. Estes días realmente foron un exercicio de Ourensanía arredor de Galicia. Parabéns. Xusto e necesario é salientalo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Carlos Risco
LOS ASUNTOS IMPORTANTES
Sobre el vagabundeo
Antonio Nespereira
PERDÓN POR LA MOLESTIA
Su nombre no era para esa lápida
CUENTA DE RESULTADOS
De Cos y Knot, favoritos para el BCE
Victoria Lafora
La puntilla
Lo último
ACCIDENTE DE TRÁFICO
Tragedia en Zamora: mueren dos adultos y dos menores en una salida de vía en Malva
DENUNCIAS DE LOS LECTORES
Cronista local | Las denuncias de los vecinos de Ourense hoy domingo, 1 de noviembre
DESAPARECIDOS EN OURENSE
Localizan a una persona desaparecida en Barbadás caminando en la carretera N-525