Fernando Jáuregui
TRIBUNA
Cumpleaños ¿feliz?
Acomezos do outono deste ano Galiza –para ser máis exactos, Ourense- ha se converter na capital do Pen Club Internacional, que celebrará o seu 82 congreso. O acontecemento, non "o evento", reunirá na capital ourensana a 250 escritores do mundo inteiro, baixo o lema "Erguendo pontes literarias".
Este privilexio débese ao labor de moitos anos do poeta argentino-galego Luís González Tosar, presidente do noso Pen Clube, membro da Academia Argentina de las Letras. Nacido en Buenos Aires e orixinario do Irixo, onde hoxendía vive, o seu traballo a prol da nosa cultura ten os seus alicerces na amizade con Eduardo Blanco Amor e, xa na terra, con Carlos Casares.
Precisamente nas xornadas do Pen Club Internacional (26 de setembro – 2 de outubro) renderanse homenaxe á obra do autor de "A esmorga", romance cimeiro das nosas letras; ao autor de "Deus sentado nun sillón azul", e ao de "Poemas a Lázaro", todos eles –Blanco Amor, Casares e Valente- ourensáns de grande forza criadora.
O esforzo por traer a Galicia de novo -a primeira foi en Santiago– a escritores de todo o planeta conta co apoio da Deputación e o Concello, e máis, con toda probabilidade, do Goberno galego. Nesta longa xeira de marxinación da cultura do Estado polos poderes públicos, a noticia promete confirmar a escada universal o eslogan, o berro: "Atenas da Galiza".
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando Jáuregui
TRIBUNA
Cumpleaños ¿feliz?
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
4.812 turistas en lata
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Dom Pérignon
Itxu Díaz
USOS Y COSTUMBRES DEL VERANO
Los selfies de la comida: el gran juego del postureo de verano
Lo último
A VEIGA, CONCELLO QUE MÁS RECIBE
Destinados más de 1.300.000€ a Ourense para la reconstrucción de zonas afectadas por los incendios de 2025
VIRXE DA LUZ
Festa da Luz y Danza das Cocas en Santa Tecla