Fernando Jáuregui
TRIBUNA
Cumpleaños ¿feliz?
Hoxe será un día importante para o Campus de Ourense. Explícome: O venres pasado solicitouse por parte dun grupo de profesores da Facultade de Ciencias a convocatoria dunha Xunta Extraordinaria para analizar a oferta de titulacións da facultade, toda vez que a licenciatura de Física, que se imparte dende fai 14 anos neste centro, ten unha matrícula moi escasa. Como consecuencia do sucedido durante as últimas semanas coa titulación de Empresariales, e tamén debido a rotura da política de reconversión preconizada ata a data, os profesores antes aludidos consideran que a reconversión dunha titulación de reducida matrícula por outra exclusiva no sistema universitario galego sería unha boa oportunidade para consolidar a oferta educativa da terceira cidade de Galicia. Neste sentido, que a Facultade de Ciencias de Ourense e a Universidade de Vigo impulsen a implantación do Grao en Ciencias Ambientais como reconversión da Licenciatura en Física da Atmósfera e do Medio Ambiente sería, sen dúbida, o xusto cumprimento dunha reclamación histórica deste Campus, que é o da diferenciación e a exclusividade.
Este é, precisamente, o asunto que se ventilará na Xunta Extraordinaria de Facultade de hoxe. Personalmente, teño que decir que é unha demanda que plantexei en numerosas ocasións e moi diferentes foros, tanto no pasado máis reciente na miña anterior condición de conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, como agora mesmo como secretario xeral do PSdeG. Pero sobre todo, é unha demanda que defendo e defenderei pola miña condición de ourensán.
E por eso que neste momento saúdo a iniciativa dos profesores da Facultade de Ciencias como algo positivo para a cidade, para a provincia e para Galicia. Só espero que todos sabíamos estar á altura das circunstancias. Dende o respeto a autonomía universitaria, non podo menos que aplaudir este acto de responsabilidade por parte dunha institución que, no fondo, presta un servicio público á sociedade.
Nun momento de crise como o actual, reconvertir unha titulación duplicada por outra que non se imparte en Galicia é unha medida saludable e responsable. Pero hai outros moitos argumentos para defender a implantación do Grao en Ciencias Ambientáis nesta provincia.
Ourense ten agora mesmo a metade dos parques naturais de Galicia (tres de seis), que se incrementaran en dous máis si a Xunta manten os planes de declaración de novos parques nos que traballaba o anterior goberno. Ourense é, por fin, a sede da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, demandada durante anos. Será a sede, si o Goberno da Xunta non o impide, do Centro de Interpretación dos Parques Naturais de Galicia. Ourense ten ao alcance da man situarse á vangarda da reciclaxe en España co parque de Carballeda de Avia, que ademáis creará 800 postos de traballo. Por todo elo, o Grao en Ciencias Ambientais será a guinda que convirta a Ourense na capital medio ambiental de Galicia. Si ninguén o impide, claro.
(*) Ex conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e secretario xeral do PSdeG
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando Jáuregui
TRIBUNA
Cumpleaños ¿feliz?
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
4.812 turistas en lata
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Dom Pérignon
Itxu Díaz
USOS Y COSTUMBRES DEL VERANO
Los selfies de la comida: el gran juego del postureo de verano
Lo último
ENTRE EL RESPALDO Y LAS CRÍTICAS A ESPAÑA
Los ministros de Interior de la UE afrontan este martes la tragedia humanitaria de Ceuta
MÍNIMO DE CASI DOS DÉCADAS
El paro sube en julio hasta los 2,31 millones pero el desempleo juvenil alcanza un mínimo histórico
DEL CALDEIRO A LA MESA
Carne ao caldeiro en Ourense: dónde comer este plato gallego en verano