Fernando Jáuregui
TRIBUNA
Cumpleaños ¿feliz?
O amigo Del Caño presentoume a Manuel María (Manuel María Fernández Teixeiro), unha tardiña na que tivemos unha mesa redonda no local da AVV de A Carballeira, eiquí en Ourense.
Boeno, quen falou máis, loxicamente, foi Manuel María, a quen eu coñecía pola súa impresionante e abondosa publicación poética, "Cantos rodados pra alleados e colonizados" (1976), ou " "Poemas para construir unha patria" (1977), entre moitos outros. E sabía da súa militancia na UPG, a que acabaría deixando, mais sen deixar de escribir a favor da Galicia que moitos soñamos. Á mesa redonda seguiulle unha cea no bar Viena, na mesma praza de A Carballeira onde está o local da AVV. Elí falou il soio, mentres Del Caño e mais quen esto escrebe escoitabamos con ledicia. Entón decateime de que estaba ante un home bo e xeneroso.
Logo visiteino en Monforte de Lemos, traballando e tamén falando de Saleta, a súa dona, que coido guiou a este home da Terra Chá polos vieiros da prosa e da poesía. Parolamos un bo rato. Agora adicáronlle o Día das Letras Galegas con todo me- recemento a quen dixo de si mesmo: "Eu de min soio sei, con seguridade, que escrebo versos. O que aínda non sei é se son poeta. Eso dirao, en definitva, o tempo".
Pois claro que fuches poeta. E dos grandes da nosa Galicia, e asemade eras, queda dito, bo e xeneroso. E desde ese Ceo on- de estés, coa túa modestia, agora dirás, pois si son poeta. E ho- me de ben, engado eu. Que máis queres, amigo Manuel María!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando Jáuregui
TRIBUNA
Cumpleaños ¿feliz?
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
4.812 turistas en lata
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Dom Pérignon
Itxu Díaz
USOS Y COSTUMBRES DEL VERANO
Los selfies de la comida: el gran juego del postureo de verano
Lo último
ENTRE EL RESPALDO Y LAS CRÍTICAS A ESPAÑA
Los ministros de Interior de la UE afrontan este martes la tragedia humanitaria de Ceuta
MÍNIMO DE CASI DOS DÉCADAS
El paro sube en julio hasta los 2,31 millones pero el desempleo juvenil alcanza un mínimo histórico
DEL CALDEIRO A LA MESA
Carne ao caldeiro en Ourense: dónde comer este plato gallego en verano