A perversión do diñeiro

O AFIADOR

Publicado: 04 ene 2026 - 05:40

Opinión Lalo Pavón
Opinión Lalo Pavón | La Región

Estes últimos días dende que foi o sorteo da lotería do Nadal e o sucedido co primeiro premio, deume por reparar en algo que non adoitamos facer a diario: para que sirve en realidade o diñeiro, máis alá dunha unidade monetaria coa que mercar, vender ou intercambiar mercadurías, bens ou servizos. A inmensa maioría dos que carecen -carecemos- de fortuna, tenden a pensar que dispor conta bancaria con moitos ceros á dereita é a única forma de atopar o marchamo directo cara ese estadio onde mundo se chama felicidade. A vía legal máis accesible serían os xogos de azar se non fose porque as posibilidades de logralo son moi escasas, que no caso do gordo do nadal son 1 entre 100.000, segundo os expertos.

Como xa saben a estas alturas, entre os afortunados do último sorteo estivo o pobo leonés de Villamanín, onde a caeron 36 millóns de euros moi repartidos en boletos da comisión de festas. A explosión de felicidade viuse pronto alterada polo feito de que un talonario dese número vendido quedou sin a consigna regulamentaria para que os posuidores das participacións poideran cobrar. É dicir, non tiña respaldo oficial e, por tanto, os seus titulares quedáronse sen os 4 millóns que lles corresponderían se fosen validadas.

A inmensa maioría dos que carecen -carecemos- de fortuna, tenden a pensar que dispor conta bancaria con moitos ceros á dereita é a única forma de atopar o marchamo directo cara ese estadio onde mundo se chama felicidade.

A versión máis estendida apunta a un erro pueril de xóvenes por non confrontar o número de talonarios retirados co de entregados no establecemento vendedor para endosalos cos décimos correspondentes. A solución máis sinxela -aprobada por maioría- é que os que sí poderán cobrar os 80.000 euros que corresponden a cada papeleta acepten unha quita para reparar aos que se quedaron sen premio. Pero os contrarios a tal medida néganse en redondo a que nadie retire un céntimo do que xa consideran seu, postura que fixo saltar en cachos a convivencia nunha comunidade que no inverno integran non máis de cen veciños, envoltos agora nunha atmósfera invivible.

Hai que ver a capacidade de perversión que pode ter o diñeiro, cando algún afortunados se negan a detraer unha parte do seu premio para igualar a todos os que xogaron, sen pensar -ou por avaricia- que un día antes nada tiñan (de ese diñeiro) e cando cobren non terán moito máis e, dende logo, tampouco serán ricos. Calquera que sexa a fórmula coa que lles paguen (estaría ben que revisaran a historia de sucesos similares, pois hai sentencias que obligan a prorratear para que cobren todos, pero anos despois do sorteo). Por outra parte, si estiveran entre os que quedaron sen direito a premio, terían a firmeza de negarse a que os demáis fosen xenerosos con eles? A armonía rómpese no que dura un asubío; recuperala tarda anos ou décadas. Porca miseria.

Contenido patrocinado

stats