Fernando Jáuregui
TRIBUNA
Cumpleaños ¿feliz?
Coñecín, tratei e intimei con membros da Xeración Nós. Aqueles bos e xenerosos que nos deixaron pra sempre. Pero hai quen colle o relevo, don Víctor Campio Pereira. O noso grande poeta e escritor de Garabás, onde o noso idioma, que eu mamei en San Pedro de Moreiras e inculquei aos meus fillos e netos, brilla dabondo.
Pois agora que rematou o Nadal 14 chegan os Reises do 2015, e don Víctor envíame unha "lembranza dos anos trinta" na súa casa de Garabás. Si, elí onde teño familia e tiven bos amigos: "Volvín tralos meus pasos/ ao encontro./ Quixen chegar a ti,/ verte de novo/ á luz da miña infancia,/ ceibe nos soños" (Víctor Campio).
E nesta festa de Reises Magos tivera eu no 1973 unha polémica cun crego nestas benqueridas páxinas, pois dicía o crego en cuestión que os Reises Magos non existiran e que non se debera celebrar esta fermosa festa. ¡Hai cregos e cregos…! Resposteille dicindo que a ilusión dos nenos de dos non tanto, no se debía "matar", e menos cando a un o ordenan crego.
Perdéronse as cantigas das panxoliñas, pois o "progreso" ten outras prioridades. Que os Reises lles deixen aos lectores diste xornal moitas ilusións neste tempo da maldita crise, e co grande poeta, e non menos novelista, de Garabás, rematemos estas liñas. "Alí veñen as xentes/ cantando a coro,/ lembrándose dos vivos/ e dos mortos. Esta casa faiadiña/ con tellas de prata e ouro,/ Deus axude a quen a habita /e tamén aos que se foron". Feliz 2015 pra todos, engado eu, humilde escribidor.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Fernando Jáuregui
TRIBUNA
Cumpleaños ¿feliz?
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
4.812 turistas en lata
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Dom Pérignon
Itxu Díaz
USOS Y COSTUMBRES DEL VERANO
Los selfies de la comida: el gran juego del postureo de verano
Lo último