Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
La ausencia de odio
Ti non sabes ben como as gasto eu, díxolle un ó outro, ó mesmo tempo que empurraba a viseira para adiante e miraba cara ó sol. O outro mirouno de esguello, sorriu e cando ía dicir algo quedou calado. O primeiro, que se chamaba Caio Gabián Gabián, botoulle a man polo ombreiro ó outro e, xuntiños, empezaron a baixar pola rúa do Agro. O outro, ou sexa, O Paspallao, ofreceulle un pito a Caio e el mesmo llo acendeu. Entre os dous deixaron escapar algo así como unha melodía que nin eles mesmos entendían. O día escurecía e O Paspallao, é dicir, Dagoberto Brilante Brilante, díxolle ó seu colega que estaba a piques de asomar a noite por entre os canastros da aira do Trono. Ti sabes cando se fai noite?, lle preguntou de súpeto. Agora foi Caio Gabián, O Esperecido, o que o mirou de esguello e soltoulle a sempiterna pregunta do galego: cando non é día? Dagoberto Brilante riu a cachón. Tes cada cousa, lle dixo. Os dous amigos, cando chegaron á Barronca, optaron por seguir camiño da burga de Baños de Molgas. Foron con moito coidadiño, con moito sentidiño porque os seus corpos, ás veces, cimbrábanse un chisco. Seguro que ían pousar o cu no mazadoiro da burga, porque ese lugar é algo así como o confesionario ou o púlpito da vila, onde os segredos deixaban de ser segredos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
La ausencia de odio
Rafael Torres
Por ser estudiante y mujer
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
De la mentira al insulto
Lalo Pavón
O AFIADOR
Heroes fronte á ELA
Lo último
INMUNIZACIÓN DE LOS NIÑOS
Vacunación de gripe y covid en Ourense 2026: cuándo empieza, quién puede vacunarse y dónde
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Ourense encara un fin de semana de calor con hasta 35 grados de máxima