Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Pablo VI
TRIBUNA
Dicíase sempre que o Posío converteuse desde a súa inauguración a mediados do século XIX no parque por excelencia das xentes de Ourense. Non era unha simple zona verde: era un espazo con identidade, historia e valor botánico que o facía único.
Polos seus valores históricos e patrimoniais, o Xardín do Posío podía e debía formar parte da Rede de Xardíns Históricos de Europa. Porén, tras a recente reforma executada polo Concello, esa posibilidade desapareceu.
Con preto de 3 millóns de euros investidos -uns 200 €/m²- o resultado non foi a posta en valor dun xardín histórico, senón a súa transformación nun parque convencional. A actuación supuxo:
O Posío deixa así de ser un xardín histórico recoñecible para converterse nun espazo que podería estar en calquera outro lugar.
Desde o Concello preséntanse as actuacións como unha mellora:
Porén, unha análise máis crítica amosa contradicións importantes.
No propio discurso institucional fálase de “solo renaturalizado”, mais tamén se recoñece a existencia dunha base de formigón baixo o xabre. Isto abre preguntas clave:
A compactación do terreo, sexa con áridos ou subbase artificial, pode converter o solo nunha superficie máis próxima a unha laxe dura que a un chan vivo.
A diferenza entre o antigo xardín e o parque actual non é só estética, senón tamén climática:
Ademais, elementos como a futura cafetaría ou os valados de formigón contribúen a incrementar o efecto de “illa de calor”.
Anunciouse a substitución de 25 árbores por estaren enfermos ou secos, o que noutra hora se calificou coma árboles improcedentes.
Algunha se salvou, serÍa una bula papal?
Porén, isto suscita preguntas:
A maiores, as novas plantacións -con diámetros de apenas 10 cm- tardarán décadas en ofrecer sombra real. Unha xeración enteira non chegará a ver ese Posío maduro.
A intervención tamén afectou elementos tradicionais do parque:
Son detalles que, acumulados, rompen coa identidade do espazo.
Galicia conta con nove espazos na Rede Europea de Xardíns Históricos: Mariñán, a Alameda de Compostela, Ribadulla, Oca, Rubiáns, Quinteiro da Cruz, Lourizán, Soutomaior e Quiñones de León. O Posío tiña potencial para formar parte desta lista. Hoxe, esa opción xa non existe.
O 5 de xuño de 2026, Día Mundial do Medio Ambiente, chega cunha reflexión amarga para Ourense: a transformación do Posío non foi unha restauración, senón unha ruptura.
O que antes era un xardín botánico e histórico integrado na zona monumental da cidade converteuse nun parque máis, funcional pero sen singularidade.
A esencia que o facía único perdeuse. E iso, simplemente, non ten xustificación.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Eduardo Medrano
TAL DÍA COMO HOY
Pablo VI
Manuel Orío
RECORTES
Enseñar al que no sabe
Fernando Ramos
Historias de un sentimental
Aquellas leyendas del fútbol ourensano que no se deben olvidar
Fernando Jáuregui
Ahora Trump ya sabe dónde está España
Lo último
CONCERTOS DE VERÁN
‘Atardecer no Gaiás’ este verán en Santiago
PERROS DE OURENSE
Galería | Un álbum de fotos muy perruno para celebrar el Día del Perro