La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
Que Xosé Manuel Núñez Seixas (Ourense, 1966) gañase o Premio Nacional de Ensaio 2019 polo seu libro Suspiros de España. El nacionalismo español. 1808-2018, creo que é algo que enche de alegría -e non sei se un chisco de optimismo- a todos os que o coñecemos e admiramos. El honra o premio como antes fixeron xentes tan diversas como Agustín García Calvo, Martín de Riquer, José Luís Aranguren, Sanchez Dragó, Fernando Savater, ou mesmo o ourensán Luís González Seara, en 1996, por poñer uns exemplos. E alegrámonos moito porque se os lectores de historia contemporánea en Europa e América poden admiralo pola súa obra sen ter cruzado palabra con el, non sei de ninguén que o coñeza persoalmente que non sinta unha rendida admiración pola confluencia que se dá nel de claridade de ideas, capacidade de traballo, análise e síntese. Estudou a carreira en Santiago (9,67 de media, algún repunante sempre hai) presenta a tesina en 1990 sobre o galeguismo no Río da Prata, e, sabiamente, opta por marchar e facer a tese en Florencia, sobre os nacionalismos en Europa no período de entreguerras, na que obtén o cum laudem en 1992.
A paxina de Dialnet, sinálalle 25 libros publicados, 95 artigos en revistas cientificas, 66 colaboracións en libros colectivos, e seis direccións de teses. Políglota de amplo espectro, ten libros e artigos publicados en galego, castelán, portugués, catalán, inglés, francés, alemán, italiano, portugués... e inda fala máis. O repertorio das súas investigacións, por sorte, é moi amplo, polo que vai esparexendo luz sobre moitos temas, concretos e xerais, previamente tratados ou nos que el é pioneiro. Empezou con estudos sobre Galicia pero ampliou a España e Europa. Comezou coa historia do galeguismo e da emigración, as sociedades, os liderados, os imaxinarios. (Ben vin eu nunha viaxe que fixemos xuntos -pero cada ao seu- a Buenos Aires a finais dos noventa, que sabía el ben máis das sociedades cós dirixentes cos que se entrevistaba). E sempre fixo estes estudos en relación e comparación coa historia doutras realidades semellantes de Europa. Tratou desde a cambiante posición política de Eduardo Blanco Amor, á historia da División Azul -aprendeu ruso para mergullarse nos arquivos soviéticos-.
Desde os símbolos patrios españois, ao relato dos últimos días dos combatentes españois ao lado de Hitler ou a historia da guerra xermano-soviética. Esa sobordante preparación e capacidade de análise e reflexión académica -ou sexa, sen paixóns negras- sobre a cuestión identitaria en todos os niveis, subestatais, estatais, superestatais, sobre nacionalismos grandes e pequenos, fai que sexa peza cotizada nos consellos asesores de revistas e institucións europeas e que sexa profesor convidado en Universidades de todo o mundo. En fin, imaxino seus escrutadores ollos, clarísimos, fixos, rápidos, escaneando as páxinas a toda velocidade, pasándolle un OCR mental, indexando datos, relacionando temas, apuntando ideas, lendo tamén nos ollos da xente... Antes coa voz da sabedoría e cada día máis tamén coa da experiencia, porque xa ten cincuenta e tres ben aproveitados anos. A súa impresionante produción, sempre en marcha, sen acougo, é un bo exemplo para a xente nova.
Que sexa catedrático de historia na USC, que sexa vicepresidente do Consello da Cultura Galega, e que sexa un dos historiadores máis reputados de Europa, é hoxe un privilexio para o país. E que sexa de Ourense, pois un pequeno e inofensivo orgullo chauvinista para os seus amigos da cidade.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
La Región
JARDÍN ABIERTO
Simbología de la flor de amarilis en Navidad
Jaime Noguerol
EL ÁNGULO INVERSO
La mirada sabia del barman
Miguel Anxo Bastos
Extremadura: la clave está a la izquierda
Sergio Otamendi
CRÓNICA INTERNACIONAL
Dos éxitos o dos fracasos
Lo último