Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
Choque frontal en el Gobierno
Agoniza agosto. Cando escribo isto, ole xa o aire a setembro. Axiña vai empezar o curso escolar. Ese tractor que turra da vida e non só de estudantes e profesores. Un chisco antes, hai uns días, empezou a temporada de fútbol, outro tractor pero de menos cabalos. Lembro un alumno, tan boa persoa como refractario aos estudos que falaba naturalmente de “temporadas” en vez de cursos. A “temporada pasada estiven en 3º B”, dicía.
En fin, en España, máis ou menos, os calendarios escolares coinciden, día arriba día abaixo por iso das competencias, igual que esa Selectividade, PAU, ABAU ou como se chame arestora, que eu poríaa nas mesmas datas como a declaración da Renda. En fin. En Alemaña (350 mil km2 e 84 millóns de habitantes) debe rotar as vacacións de seis semanas entre xuño e setembro por Lander, para non coincidiren, pois as estradas e o país, non dan. No resto de Europa van á par.
Agosto morre o 31, San Bartoleomeu. O refrán “Polo San Bartolomeu di o inverno, alá vou eu” parece pesimista. E ver se setembro “leva as pontes ou seca as fontes”. En fin, agosto 31 días igual que xullo. Porque cando introduciron a dedicatoria a César Augusto, o mes tiña 30 días e non ía quedar por debaixo do dedicado a Xulio César. Ripáronlle un día ao pobre febreiriño que pasou dos 30 aos 29 os anos bisestos, e 28 os normais. E si. Como saben, estas cambios no calendario fixeron que os nomes dos meses non coincidisen coa posición. Así o dos vellos nomes de sete, oito, nove e dez, pasaron a ocupar os nove, dez, once e doce. Porque o ano, non comezou sempre o I de xaneiro. Empezou si, nesa data do ano 154 a.C. desde a batalla por Numancia, porque o Senado mandou aos dous cónsules electos -era República- asumiren o mando nesa data, (antes era a mediados de marzo) para enfrontaren á humillación dunha derrota estrepitosa dos romanos no agosto anterior preto da cidade celtíbera. Os cristiáns, logo, ao longo da idade media foron cambiando de novo a marzo (A Anunciación) ata que o calendario gregoriano, en 1582, decidiu que o primeiro día volvese ser o 1 de xaneiro. Este calendario substituíu ao calendario xuliano -de Xulio César- moi semellante ao noso de hoxe, que non tiña máis pega que un pequenísimo desaxuste que fixera que nuns 1.630 anos de vixencia se acumulasen dez días de retraso. Corrixido este, seguimos.
Que teñan todos e todas vostedes, un bo curso e boa temporada 26-27... inda que non sexan estudantes, profesores nin futbolistas.
Pero para “calendario xuliano” en España, o establecido para a Universidade polo científico de altísimo nivel e ministro de Carrero, Julio Rodríguez, quen tivo a ocorrencia -ou debeu, forzado polas circunstancias orzamentarias, segundo defende o seu fillo- modificar o calendario académico para facelo coincidir co natural. Así o curso iría do 7 de xaneiro ao 31 e decembro. O experimento durou un curso. O 73-74 empezou ese 7 de xaneiro, co que os alumnos que se incorporaban á universidade no setembro anterior, tiveron máis de seis meses de vacacións. Foi cesado catro días antes, o 3 de xaneiro, dese mesmo ano 74. E pode que asasinado pola CIA en Chile, en 1979, pero esa é outra historia.
E tamén está o tema da data de nacemento para incorporación a un curso ou outro. Aquí, rexe o ano natural, 1 de xaneiro, igual que en Francia, Italia e Portugal. Noutros países, coincide o corte co modelo do ano escolar. Reino Unido, Irlanda, Polonia, 31 de agosto; Alemaña, varia por Lander entre o 30 de xuño e o 30 de setembro; Holanda, 1 de outubro. E os do norte, outro tanto.
En fin, nós ao noso, pois como dicía un presidente que foi de Galicia, “os experimentos, con gaseosa”. E o que funciona, déixalo estar, é o mellor. Que teñan todos e todas vostedes, un bo curso e boa temporada 26-27... inda que non sexan estudantes, profesores nin futbolistas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
SEGUNDA FEDERACIÓN
El Ourense CF afronta su último partido amistoso en Santiago
OCIO Y NATURALEZA
Laias acoge el programa juvenil Ecoverán Termal