Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Perros en campaña
Hai uns días asistín a unha pequena refrega referida a se habitou ou habita o lince nos montes galegos. Digamos, antes de nada, que o lince é un ser inconfundíbel. Malia a semellanza que poida ter co gato bravo, chamado tamén montés, as características de cada un deles non deixa lugar a enganos. O grande escritor Méndez Ferrín fainos acordantes de que Sarmiento e Victor López Seoane aseguraban a presenza do lince nas nosas fragas. Escadasí, o que aseguran estes dous persoeiros non é compartillado pola maioría de nós: hai quen o afirma e hai quen o nega.
De modo que hoxe, nesta páxina, vou dicir algo que nada vos ten que ver coa ficción:
Aí polos primeiros anos do setenta, o "xeneral Pistas", que traía escrito nos ollos os avultamentos do medo, daba noticia, entre un fato de homes, de que en terras da devesa de Ribón, no Faro de Chantada, había gatos do tamaño das mulas. O Hipólito, meu pai – dono de tal acouto de terra – apertou os beizos con certa forza, enguliu o riso e calou a boca. Daquela, así quedou a cousa.
Uns anos máis tarde estaba eu nesa mesma devesa, reparando o corpo dos excesos da noite anterior. Era un domigo de maio. Aínda non serían as once da mañá. Pero as herbas, nas que descansaba, xa estaban desesturdigadas. Entre a folla dos carballos coábanse unhas potentes raiolas de sol que o quentaban todo. A morneza e o cansazo fixo que logo me pillase o sono.
Cando espertei, alí estaba o animal, recho, de orellas de pincel en punta. Non moi lonxe de min, recordo. Axexando quizais un coello. Presentábase curvado e abesullador. Na miña cabeza vin a cría dun tigre. Tan real foi que saín agatuñando deica agocharme tras dun taco de xestas. Ao erguer de novo a ollada xa o félido liscara. Pero para onde? Emprendín carreira, batendo cos pés no cu, camiño da casa. O meu pai, ese día, riu con fartura e púxome a man no lombo dicindo: "De que fera falas, ho? Iso é o lince. Tranquilo!"
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Perros en campaña
Itxu Díaz
CRÓNICAS DE PRIMAVERA
Perseguir a famosos para amedrentar a las masas
Arturo Maneiro
PUNTADAS CON HILO
Como si no fuera con él
José María Eguileta Franco
DIARIOS DO PASADO
Revive Revve Anabaraego no fútbol ourensán?
Lo último
DÍA DE LAS FUERZAS ARMADAS
Samil resiste a los elementos en el Día de las Fuerzas Armadas
ORÁCULO DAS BURGAS
Horóscopo del día: domingo, 31 de mayo
SEGUNDA CONSECUTIVA
El PSG conquista la Champions League tras derrotar al Arsenal (4-3)