Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
As esperas teñen idade?
James Comey mellor que espere que non haxa gravacións das nosas conversas antes de que empece a filtrar asuntos á prensa". Así, con esta ameaza pública, Donald Trump dáballe os bos días ao director do FBI James Comey a quen acaba de despedir. Para empezar ben a mañá.
O de Comey é un caso realmente curioso. Pasou de ser o demo dos demócratas ao reabrir o expediente dos emails de Clinton a 11 días das eleccións -Hillary aínda di hoxe que iso lle custou a presidencia- a ser o home máis buscado polos republicanos por seguir adiante coas investigacións sobre as ligazóns da campaña de Trump con Rusia.
Comey tiña mandato ata 2023 e nun movemento desconcertante Donald Trump decidiu sacalo da escena. Trump dixo que os seus axentes de maior rango perderan a confianza nel e que por iso tomaba a decisión. É, obviamente, mentira, e así o deixou meridiano na súa declaración ante o Senado o director interino do FBI, Andrew McCabe. Quen dixo a verdade de forma pouco sutil -todo hai que decilo- foi a voceira republicana no Senado, Sarah Huckabee, só unhas horas despois de despedir a Comey: "Non hai nada aí -en referencia á investigación con Rusia- é hora de pasar páxina e centrarnos nas cousas que preocupan aos americanos". Branco e en botella.
As ligazóns con Rusia acabarán con Trump. No camiño xa caeu en apenas un mes o Asesor de Defensa, Michael Flynn, que acaba de recibir unha citación do Senado para declarar de novo, e o mesmísimo Fiscal Xeral, Jeff Sessions, tivo que recusarse de intervir nesta investigación ao haber dúbidas tamén da súa conduta. O círculo vaise pechando.
A decisión de Trump só é comparable historicamente a cando Nixon despediu ao Fiscal Especial que estaba a investigar o Watergate, Archivald Cox, para intentar descabezar e tapar a trama. Cox caeu pero a investigación seguiu e Nixon tivo que dimitir nove meses despois. Trump intenta facer o mesmo. Liquidar ao investigador xefe e mandar un aviso a navegantes de que quen siga buscando aí correrá a mesma sorte que Comey. Non ten pinta de que lle vaia dar resultado. Os demócratas non van soltar o óso, e mesmo desde os republicanos John McCain pide urxentemente o nomeamento dun Fiscal Especial para este caso.
As comparacións de Trump con Nixon son evidentes, e agora Trump deu un paso máis: a volta ao McCartismo, á caza de bruxas. Eran tempos moi diferentes. Saiamos da II Guerra Mundial e comezaba a Guerra Fría. O HUAC (House Un-American Activities Committee) o Comité de Actividades Antiamericanas -a pesar de que estivo activo case 60 anos- tivo o seu momento de esplendor entre o 1946 e o 1956 co Senador McCarthy como a súa máxima estrela. No 1946, un novísimo Nixon entraba no Congreso e comezaba a tomar boa nota do seu mentor.
Este comité estaba ideado en orixe para controlar as actividades pronazis dentro do país pero rapidamente virou cara a U.R.S.S. A psicose era brutal e o HUAC exercía o poder a modo de Santa Inquisición contra todo o que puidera soar a comunismo no país.
A famosa lista negra de Hollywood, co caso de Elia Kazan como delator, foi quizá o fito máis coñecido deste "tribunal moral". Non está de máis lembrar que McCarthy acabou os seus días absolutamente desautorizado e no esquencemento logo de que Eissenhower cansara das súas acusacións e farto do seu comportamento anticonstitucional... e así estaba ata que Trump decidiu devolvelo á vida, e a caza de bruxas continúa.
Con Trump caeu a Fiscal Xeral, Sally Yates, por opoñerse ao veto migratorio do presidente por inconstitucional. Yates tiña razón, e así o demostraron tódolos tribunais, ate o punto de que a Orde Executiva tivo que ser definitivamente retirada, pero Trump destituíu a Yates, quen, por certo, avisara un mes antes do seu despido das conexións de Flynn con Rusia…
O de Rusia saltará polos aires. Non hai dúbida. Hai demasiados axentes esperando o momento para filtrar dossiers á prensa como para que isto quede aquí. Trump pode despedir ao director do FBI e poñer á súa filla á fronte da axencia se quere, da igual…é cuestión de tempo. Un tempo no que cada vez crece máis a figura de Elizabeth Warren entre os demócratas. Warren debería ter sido xa a candidata en 2016 pero sabía que o seu partido non ía xogar limpo para favorecer a Clinton, como así foi. Se os demócratas non son demasiado torpes Warren será a vindeira presidenta de Estados Unidos, e Comey é posible que esboce un sorriso.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
As esperas teñen idade?
PERDÓN POR LA MOLESTIA
Los rojos que eran (viejos) verdes
Antonio Casado
Cumbre de la desunión europea
Plácido Blanco Bembibre
HISTORIAS INCREÍBLES
Navidad o la fragilidad de Dios
Lo último
COLOR DEL AÑO
Cloud Dancer: minimalismo, calma y moda en un solo color
Los ingenieros agrícolas de Ourense renuevan su cúpula
Pepe Paz, presidente do Colexio de Enxeñeiros Agrícolas: “Temos que facer un novo rural con mais industrias agroalimentarias”
HISTORIA DE SUPERACIÓN
De estar 15 años en prisión a ser el pastor de su propia iglesia en la calle Greco