Rosendo Luis Fernández
Valentín Lamas Carvajal (OU, 1849-1906)
Pasamos un día, dous, tres, catro… toda a vida obsesionados pola dificultade que é atopar o carreiro que nos leve ás profundidades da nosa mente, onde o pensamento critico está encadeado pola “obxectividade” que impide manter o diálogo co noso espírito. Pero a resistencia, nada na escuridade, da soidade e dominada inevitablemente polas “verdades absolutas” é moi difícil de iluminar. Sobre todo na sociedade tecnolóxica que discrimina os novos analfabetos, converténdoos en obxectos prescindibles (algo que entende a Froiteira de Madrid). Ante a apocalipse que esnaquizou o “status quo”, só os que conseguen unha fortaleza mental creativa e aberta ao debate poderán sobrevivir. Incluso modificando as marxes de resistencia do espazo oculto, onde a loita non é recoñecida, pero pálpase cando se traballa en transformacións máis profundas. Cada vez está mais claro que os conflitos bélicos teñen como obxectivo o control das riquezas dos países vulnerables, sen importar o número de vítimas que se producen, o límite máximo márcao o xenocidio.
As forzas negativas herdadas dun mundo agresivo, onde primaba o instinto reptilíano néganse a recoñecer ao “outro” como interlocutor válido que acepte co seu entorno o debater cos adversarios, no campo do pensamento e do compromiso político. O levar a luz ás terribles e sinistras cámaras do poder buscando a posibilidade de evitar ser destruídos polos apóstolos do mundo escuro e tenebroso, obríganos a reclamar a lexitimidade que debe ter o que atopou a ruptura coa “obxectividade” que o escravizaba.
Sócrates marcou o camiño orientando ás xeracións futuras cara o pensamento crítico, fonte das reflexións en liberdade. O seu mérito é infinito, xa que nunca pretendeu ser distinto, de ter axudas especiais como mestre defensor dos dereitos dos cidadáns de, ser e facer. Preguntas e respostas configuran a síntese do saber, ninguén pode escravizar o espírito se iste está amparado pola aceptación da nosa integración na Totalidade, filla da NADA redentora onde o pai non tortura ao fillo. Sendo o amor o único que canaliza a empatía que o totalitarismo trata de borrar, para someter as conciencias a súa vontade. O mal cabalga sobre can-cérberos que fustrigan aos cabalos apocalípticos con sementes de odio. Todo o que comeza remata, todo o que remata entérrase e todo o que se enterra deixa de ter valor.
Hoxe teñen rostro e nome: Netanyahu, Trump, Putin… ¿tal vez Julio, Clinton, Kevin, Bill… e o veciño do 4º dereita? Deles nunca saíu unha verba de amor, porque viven na infamia putrefacta e, como todo petulante, son valentes cos débiles e covardes cos que lle fan fronte.
Sócrates, antes de beber a cicuta dixo: “Non podo predicar toda a vida a xustiza, para violar as leis polas que fun condenado”. E rematou “Que o meu discípulo Kritón pague o galo que lle debemos a Asclepio”. ¿Cantos galos, pitas e becerros debe U.S.A á humanidade’
Podo garantir que a “doxa” que mantiven ao longo dos últimos vintecinco anos, péchase coa serenidade que dá o saber que o carreiro que busquei, estaba preto de min.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ESCENAS DE VIDA
Carballeda se embellece con fotos antiguas de sus vecinos
SEGUIR LA RACHA
El Cidade de Ourense Ontime visita al colista Chiloeches
INVERSIÓN Y PUESTA EN VALOR
La fábrica de papel será salón de eventos, en Piñor