Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Nicolás
PINGAS DE ORBALLO
Fóra, as nubes negras non me deixan ver o ceo azul. Ameaza chuvia. Aínda que o tempo está quente. Partidazo do Celta, pero a prensa só fala do fracaso do Real Madrid. Son as tres e media da tarde e polos auriculares soa a banda sonora de “Ant-Man e a Avespa”, de Christophe Beck. Ó mesmo tempo, pingas de orballo (as de auga non tardarán moito en caer) caen sobre a páxina en branco para seguir dicindo que o Celta fixo un partidazo, pero a prensa só fala do mal partido do Real Madrid.
O que ten poder, e como diría Antonio Gala, non deixa crecer nada baixo a súa sombra.
Non consigo contar todas as trapalladas que hai sobre a mesa da cociña, entre culinarias e culturais ou de escritura. Estou afeito. Levo anos convivindo co pouco espazo que teño para os meus arroutos literarios. Chamarlle literarios é moito dicir, pero non me paro a buscar algún que outro sinónimo cultural. Partidazo do Celta, pero a prensa só fala dos expulsados do Real Madrid. Reloxos. Calendarios. Botellas. Dicionarios. Libros. Galletas. Patacas. Louza. Ordenador. Cables. Televisión. Microondas. Pan. Culleres. Garfos. Armarios. Froita. Aparellos. Coitelos. Traballos manuais. Cadeiras. Mesa. Enchufes. Botes... Partidazo do Celta, pero a prensa só fala de Xabi Alonso, o adestrador do Real Madrid.
Catro menos vinte da tarde. O ceo segue coma o principio. A ameaza de chuvia tamén segue latente. A banda sonora avanza e segue a ser fiel compañeira desta tarde morriñenta. Partidazo do Celta e de Borja Iglesias, pero a prensa só fala das leas e tensións entre o adestrador e os xogadores do Real Madrid. O que ten poder, e como diría Antonio Gala, non deixa crecer nada baixo a súa sombra.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Nicolás
Miguel Michinel
TINTA DE VERANO
Lo barato sale caro
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
En busca e captura
Fernando Lusson
VÍA DE SERVICIO
El Gobierno retrocede y trocea
Lo último
MÁXIMA PRECAUCIÓN
Galería | Las lluvias anegan los campos de A Limia y arruinan el cereal
SEGUNDA FEDERACIÓN
Parrilla, de la UD Ourense: “Creo que podemos aspirar a algo más”
SIETE DÍAS EN LA AUTOVÍA
Nuevo corte de la tractorada en la N-525, mientras sigue el de la A-52