Julia Navarro
Un pésimo equipo
o afiador
Resoan aínda no Teatro Principal os aplausos dedicados polo público asistente ás representacións da “Metamorfose”, que Sarabela puxo en escea nos últimos tres días. Foi un recoñecemento á calidade interpretativa dando vida á celebérrima obra de Kafka, aínda que tamén unha chiscadela ao que representa a dilatada traxectoria do grupo ourensán e o que aporta ao noso acervo cultural. O incienso popular recólleno esta vez Fernando Dacosta, Fina Calleja, Sabela Gaego, Elena Seijo e Fernando González, pero detrás do proxecto que representan hai máis, porque Sarabela é unha compañía teatral, pero o seu proxecto vai moito máis alá.
Este fito foi un de outros, antes e despois, que situaron a Sarabela no cumio do teatro en galego que -oh, paradoxo¡-, chocou de fronte co apagón cultural decretado polo concello de Ourense, laminando toda cuanta manifestación ou expresión artística que contase con respaldo municipal
Dende que en 1980 Ánxeles Cuña asumira o manexo dos fíos desta gran idea na que deveu Sarabela, que foi medrando ao longo e ao ancho, con obras de vangarda, a sua visión escénica de clásicos do xénero ou a multipremiada adaptación de iconos da produción literaria, como as decimonónicas andanzas de O Castizo, O Bocas e O Milhomes, xunto coa inesquecible Socorrito na Esmorga de Blanco Amor. Este fito foi un de outros, antes e despois, que situaron a Sarabela no cumio do teatro en galego que -oh, paradoxo¡-, chocou de fronte co apagón cultural decretado polo concello de Ourense, laminando toda cuanta manifestación ou expresión artística que contase con respaldo municipal. E aí estamos, no deserto creativo e co Auditorio pechado a cal e canto.
A decisión supuxo para Sarabela, como para outros colectivos, un atranco pero tamén un acicate que os levou a superarse ata a metamorfose que os situará en poucos días abrindo a programación da temporada do teatro La Abadía de Madrid -palabras maiores¡-, con trece xornadas seguidas representando “O dragón de ouro”, cunha sesión en galego incluída. Por contextualizar, é un dos referentes nas artes escénicas e por alí pasan montaxes liderados polos máis grandes da escea española e europea. O primeiro director foi José Luis Gómez e hoxe está guiada por Juan Mayorga (dramaturgo, Premio Nacional de Teatro, Premio Nacional de Literatura Dramática, Premio Princesa de Asturias e membro da Real Academia Española).
Chegar alí é pór unha pica en Flandes que suporá un antes e un despois para a compañía ourensá. E como detrás de cada montaxe hai moito traballo, mentras saborean este soño quentan motores para presentarse antes de fin de ano en Valencia. É o flash inequívoco de que a proxección do talento e capacidade do elenco de extraordinarios actores incardinados na experiencia Sarabela abarca xa a toda a xeografía española onde, curiosamente, sí interesa o que eiquí se ignora ou despreza neste teatro da vida.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Lo último
ADAPTARSE A LAS EMPRESAS
La Xunta trata en San Cibrao la nueva estrategia de formación
RECONOCIMIENTO TRAS RESULTADOS
Cinco blancos gallegos triunfan en concursos internacionales de vino
PARCELA EN QUEIZÁS
La nueva área comercial de Verín comienza a tomar forma