Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Los más de mil apodos de Benchosey… y los nuestros
Situado no centro do pobo, a carón do antigo camiño que dende a depresión de Ourense pasaba por San Miguel de Canedo e Santa Comba de Naves para diríxese cara os Chaos de Amoeiro, Trasalva e Maside, atópase a interesante e bonita igrexa parroquial de Palmés que ocupa o noso comentario de hoxe, toda ela rodeada por un muro de cantería que pecha a totalidade do atrio repleto de sepulturas que impiden practicamente a visión completa da igrexa dende o citado camiño.
O templo, románico no súa orixe remodelouse no ano 1815 1. actualmente, conserva parte dos seus canícelos orixinais visibles na parte alta dos muros laterais así como unha pequena peza decorada con motivos axadrezados incrustados no aleiro do muro lateral norte.
Accédese á alta espadana- campanario do templo a través dunha escaleira exterior protexida por unha varanda metálica, segundo tento amosar no debuxo que acompaño; a mesma o forma dous corpos perforados por sensos arcos de medio punto no que se aloxan as campás; da remate ó mesmo un alto frontón triangular tamén perforado decorado mediante pináculos de bola situados a ambos lados; por riba do mesmo érguese un frontón triangular tamén aberto coroado por unha cruz de ferro que soporta un cataventos ca figura dun galo cataventos, indicador, segundo a súa orientación, o tempo que acontecerá nas vindeiras horas.
O acceso ó recinto relixioso realizase a traveso dunha portada decorada cun arco de medio punto formado por diversas doelas de granito acompañado de algúns restos da antiga portada románica; por riba atópase unha alongada fiestra rectangular protexida por unha reixa de ferro con moita derrama cara o exterior seguida por unha especie de moldura con función decorativa. O muro lateral sur o forma dous corpos conservando, o primeiro deles, restos románicos nos que se apoia aleiro de sustentación do tellado cuberto a dúas augas con tella curva do país, ademais dos retos dunha portada de acceso primitivamente románica, actualmente moi modificada 1.
O interior do tempo componse dunha soa nave de planta lonxitudinal con alta tribuna de madeira, ademais de contar dous sinxelos retablos laterais. Ó presbiterio ou capela maior, de boa cantería é mais alta ca nave, datándose no século XIX, segundo o testemuña a inscrición existe por riba do escudo de armas do mosteiro de Celanova, situado no exterior da ábsida por riba da sancristía. 2 O acceso ó presbiterio e a traveso dun dobre arcos de medio punto; xa no seu interior o retablo maior, de estilo neoclásico, componse de dous corpos e cinco rúas rúas ocupando ás imaxes da Inmaculada, Sagrado Corazón, san Antonio, a virxe do Rosario e san José, todas elas de escaso valor artístico. O corpo superior o forma unha especie de triángulo coroado co símbolo da Santísima Trinidade rodeada de raios.
Varios son os retablos neoclásicos existentes que ocupan os muros laterais da nave, dedicados á Inmaculada, santa Rita, san Roque maila Virxe do Carme. Na sancristía, a carón do altar maior unha construción de tipo vulgar e factura popular, conservábase, dende fai tempo, unhas interesantes imaxes da Virxe Sedante co Divino Neno, mutilada, actual,mente situada nunha esquina do acceso ó altar maior, mais outra de san Mamede da Casa, ambas en moi mal estado de conservación, atribuídas ó mestre de Sobrado, datadas na segunda metade do século XVI, aparecida, a primeira, acochada baixo o altar maior no ano 1987, ademais na sancristía dun Cristo Crucificado, datado no século XVII 3.
Coordenadas
42º21´47” N / 7º56´37” O
Situación
Rúa de Lobios.
Construción
Orixe románica con engadidos no século XIX, e barrocos.
Elementos destacados
Interesante peza no aleiro, canícelos románicos e imaxes datadas nos séculos XVI e XVII. Imaxes de Virxe Sedante co Neno e escultura de San Mamede, atribuídas ó Mestre de Sobrado, datada na metade so século XVI, en moi mal estado de conservación que piden a gritos a urxente restauración.
Igrexa
San Mamede de Palmés.
Escudo
Circular contendo unha cruz de brazos abertos iguais, compás e circulo rodeado de borlas e por riba a data: O ano de 1820, todos símbolos pertencentes a san Rosendo.
Estado
Regular.
Edificios auxiliares
Sancristía, recinto bautismal aparte, casa parroquial cércana, datada entre os séculos XVIII e XIX, composta dun baixo e primeiro andar, con tres fiestras protexido por un balcón corrido en pedra. Uso actual particular.
Información relixiosa
Culto cristián.
Titularidad
Bispado de Ourense.
Párroco
Lisardo Álvarez Puga.
Protección
Catalogada pola Xunta de Galicia, protexida polo PXOM, ademais do esmerado coidado dos propios veciños.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Los más de mil apodos de Benchosey… y los nuestros
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Nicolás
Miguel Michinel
TINTA DE VERANO
Lo barato sale caro
Chito Rivas
PINGAS DE ORBALLO
En busca e captura
Lo último
EL PEOR ENERO EN UNA DÉCADA
El fin de la Navidad y el clima dejan el peor enero de la década para el empleo en Ourense