Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
Non tivo moita sorte a Volta Ciclista a España, obligada a alterar o programa previsto en varias etapas para tratar de neutralizar ou esquivar as protestas contra o xenocidio sionista en Gaza, así como pola presencia do equipo israelí (Israel-Premier Tech). Os activistas do boicot obtiveron unha resonancia moi difícil de acadar en calquera outro tipo de movilización, grazas á resonancia que dan as imaxes televisivas de ampla difusión. Tamén restou brillo á Volta, aínda que de xeito involuntario, a inxente cantidade de hectáreas de monte ardido ao longo do percorrido -a maior parte nas provincias de Ourense e León-. Os planos da inmensa ferida causada polas lapas desbocadas constitúen unha estampa tan reveladora como triste da inmensa traxedia.
Seguro que a organización da Volta verá afectada a sua conta de resultados na presente edición, pinchazo que resolverá, sen dúbida, nas próximas. Máis complexo será restañar os danos sufridos polas persoas lesionadas ou quenes perderon casas, coches, maquinaria ou explotacións agrogandeiras que viven do que dan o monte e a terra de labor. A elo súmase a ferida social colectiva que ataca o orgullo polo valor do natural, agora estragado ata non se sabe cando.
A iniciativa naceu nunha xornada -en 2012 se a memoria non falla- da asociación de antiguos becarios da Fundación Barrié, presidida por Fernando González Laxe, que se distingue polo moito talento que a integra
A especie humana está afeita a facer fronte ás desgrazas sobrevidas e nesta ocasión tamén ocorrerá. A cuestión é con que afán asumimos o reto de acortar prazos o máximo posible -tendo en conta a tradicional lentitude da maquinaria oficial- para dar por superada a desfeita. Neste punto poderíamos preguntarnos si non sería útil botar man dun traballo sobre o monte galego feito hai anos e do que nunca máis se soubo.
A iniciativa naceu nunha xornada -en 2012 se a memoria non falla- da asociación de antiguos becarios da Fundación Barrié, presidida por Fernando González Laxe, que se distingue polo moito talento que a integra. Asistía o presidente da Xunta, Núñez Feijóo, quen na sua intervención lanzou ao colectivo o reto de procurar solucións “sobre o que se pode facer co monte galego”. Recolleron o guante cun equipo transversal no que figuraban expertos de relevancia mundial. As conclusións foron entregadas ao peticionario na primavera seguinte e presentadas por toda Galicia, mais nunca pasou do papel. Pode que precise actualización e ideas complementarias, pero antes que nada é imprescindible o consenso político e social suficiente para garantir a posta en marcha. Xa sei que é pedir a lúa… Pero nel explicítase que o monte ben explotado e traballado arde moitísimo menos que o abandonado e se non se fai nada, o lume vai a seguir sen perdoar o desazo, con consecuencias imprevisibles.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
Portero de noche
Carlos Risco
LA CIUDAD QUE TODAVÍA ESTÁ
El empedrado medieval de la ciudad vieja
Chicho Outeiriño
DEAMBULANDO
Los más de mil apodos de Benchosey… y los nuestros
Ramón Pastrana
LA PUNTILLA
Nicolás
Lo último
Crisis en EEUU
Trump retira 700 agentes antiinmigración de Minnesota
CASO DE PRESUNTO ABUSO
Elisa Mouliaá se retira del caso Errejón: “Nadie debería cargar sola con algo así”