Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
La ausencia de odio
Empezan a vendernos de tal maneira a recuperación económica do noso país que algúns xa empezan a convencerse de tal bonanza. Hai por aí medio mes que me atopei cunha crónica que me deixou máis que pampo. Polo que chegan a facer algúns (parados e xubilados; normal) para ganar tan só 10 euros. Dez euros que, mirándoo ben, hoxe en día é unha cantidade ridícula.
Pois ben, eses, ós que lle chaman os aplaudidores dos programas e concursos e debates, tíranse toda unha xornada para acadar esa bonanza que causa o ter 10 euros. Empezan ás catro da tarde esperando o autobús que os levará ó lugar de gravación do programa. Logo fan cola ata as sete, que é cando realmente empeza a gravación. Gravan ata as doce e media da noite e volven en autocar a Madrid. Imaxino que o autobús sairá máis ou menos do centro, polo que moitos teñen que empregar case ou sen case unha hora en chegar á parada e o mesmo tempo cando volvan para as súas casas.
Ou sexa, que o que viva no arrabalde, e para ganar os 10 euros cos que lanzarán as campás ó voo, ten que coller o camiño "da recuperación" ás tres da tarde para chegar "rico" á casa a iso da unha e pico ou dúas da noite. Practicamente doce horas por 10 euros! Alguén dá máis, señores? E agora a seguir vendéndonos o carro cargado de ilusións, bonanzas, riquezas e recuperacións á velocidade do AVE. Canta tristeza hai nesta realidade diaria!
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
La ausencia de odio
Rafael Torres
Por ser estudiante y mujer
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
De la mentira al insulto
Lalo Pavón
O AFIADOR
Heroes fronte á ELA
Lo último
INMUNIZACIÓN DE LOS NIÑOS
Vacunación de gripe y covid en Ourense 2026: cuándo empieza, quién puede vacunarse y dónde
PREVISIÓN DEL TIEMPO
Ourense encara un fin de semana de calor con hasta 35 grados de máxima