Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
La ausencia de odio
Vou botar uns minutos sobre a conciencia dun amor. Aquel que vai e vén por entre as palabras dunha conversa e entre os chintófanos que, ás veces, recoñezo que me custa saber que raio din. É igual, eu collo o significado á miña maneira e soño coa realidade dunha aventura dentro dun concerto platónico. Sempre haberá momentos nos que un sorriso diga moitas máis cousas que todo un libro aberto. Eu ben me entendo. Quero deixar de analizar o silencio e que as palpitacións do meu peito marquen o camiño seguir. Segundo a tonalidade -que é moi forte- teño que coller o camiño da esperanza, xa que esta é o último que se perde. Nunca a perderei, claro está. Pasaron tres ou catro minutos e agora véxome de paseo á súa beira. Por corredoiras cheas de nostalxia e por carreiras cheas de fantasías, nas que a felicidade se reflicte no espello dunha bonita alucinación. Ninguén será capaz de roubarme a ilusión dunha páxina en branco na que se escriba toda unha historia de agarimo, amor e refuxio. Nin eu tampouco deixarei que alguén me bote esta ansia abaixo. Quero ser o rei do pensamento único e o heroe da defensa do seu vivir.
Quero ser o caderno no que se debuxe con dúas simples liñas o seu sorriso. Porque neste está a alegría dunha felicidade completa, dun anhelo eterno. E deixo que os minutos pasen moi lentamente para que o meu pensamento analice, examine cada conversa, cada encontro, cada silencio. Sempre hai tempo de quedar pampo e de deixar caer un suspiro ante a súa presencia. Aí si empregarei uns minutos eternos.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Xabier R. Blanco
CLAVE GALICIA
La ausencia de odio
Rafael Torres
Por ser estudiante y mujer
Xose A. Perozo
PENSAR POR PENSAR
De la mentira al insulto
Lalo Pavón
O AFIADOR
Heroes fronte á ELA
Lo último
PODCAST Y VÍDEO
El primer café | Viernes, 18 de septiembre
DUPLICIDAD DE INGRESOS
La inmunidad de Jácome y la extraña parcialidad judicial
LEMBRANZAS
Ourense no tempo | Un Barbaña bajo cubierta