Benito Iglesias
La lección del trabajo en equipo de la selección española
DENDE SEIXO-ALBO
A triste nova da morte dun neno esquecido polo seu pai dentro dun coche fíxome matinar sobre o ritmo de vida que levamos, pois segundo din os medios informativos, o pai recibiu unha chamada da empresa onde traballaba e iso fixo que fora axiña ó seu traballo, esquecéndose de levar á gardería ó menor que estaba dentro do coche. Esta desgracia axudoume a pensar que estamos cada vez máis presos do reloxo e da velocidade, o que nos leva a cometer erros fatais como o relatado. Estamos atados a un ritmo de vida, a vivir nun continuo desasosego que non nos deixa reflexionar nin pensar se esta forma de existir é a mellor ou se, pola contra, baixando o ritmo desta carreira seríamos máis felices.
Facendo un chisco de memoria, recordo cando as campás da catedral desta Auria e a sirena da fundición do Malingre marcaban a vida horaria da cidade e dos arredores. Non direi que foron tempos mellores, pero si máis tranquilos. Aínda que en Seixalbo xa había un reloxo público dende hai tempo, era moi común escoitar a xente que traballaba nos eidos comentar: xa é a unha, tocou a sirena do Malingre, hai que ir xantar. Cos anos os tempos foron mudando e xa cos reloxos no pulso afinamos máis na precisión das horas e comezamos a camiñar máis apresa.
Hai uns días falábase dun tren de máis de 350 km hora, ou que axiña haberá coches que circulen á moita máis velocidade que os de hoxe
Son as e vinte pasadas... hai que apurarse que non chegamos. A chegada da industrialización e as melloras nas comunicacións foron animando as reclamacións para mellorar os servizos públicos, mais iso levounos a falar de minutos e segundos e de velocidade. E as esixencias na puntualidade en case todo o que facemos instalouse nas nosas vidas. Tanto é así que, a día de hoxe, axiña protestamos porque aquel servizo chega dous minutos máis tarde do estipulado. Isto que parece unha mellora que todos reclamamos, lévanos a non ter tempo para o sosego e menos para pensar se esta maneira de vivir é a máis acaida.
Na actualidade, nos fogares os dous cabezas da familia traballan, e moitas veces a conciliación resulta case imposibel. Os fillos medran na gardería ou a cargo dos avós. Os pais teñen que traballar para manter un nivel de vida acorde cos tempos e que moitas veces non chega para os gastos do fogar. E con ese ritmo frenético da sociedade actual, unha serie de valores que se transmiten de pais a fillos están quedando un tanto esquecidos. Non hai tempo para falar cos teus. Nas casas, á hora do xantar xa non hai conversas, a tele ou a radio non o permiten. Tampouco se fala e moitas familias non xantan xuntos, o traballo dos dous non o permite. E deste xeito, os valores e o saber xunto a experiencia dos máis maiores xa non é posibel prestarlles atención.
Hai uns días falábase dun tren de máis de 350 km hora, ou que axiña haberá coches que circulen á moita máis velocidade que os de hoxe. Mentres, desta maneira, seguimos un ritmo de vida baseado nun consumismo sen freo e camiñamos cada vez máis presos do reloxo e da velocidade en case todo. As preguntan asaltan a moita xente: cara onde camiña unha sociedade que non deixa espazos para a reflexión ou que nos obriga a unha vida estresante?, canto tempo aguantaremos este paso tan vivo? Ó mellor esta maneira de entender a existencia está pensada para que non pensemos nin reflexionemos, mentres uns cantos pensan por nós e desa maneira pódenos manexar o seu antollo. Estas son preguntas que merecen unha resposta.
En fin, a desgracia que sinalei o comezo, pode que soamente sexa unha coincidencia, un caso illado. Con todo non estaría por demais que pensemos se imos polo camiño correcto ou imos a esnafrarnos con tanta presa e tanto mirar para o reloxo.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
Benito Iglesias
La lección del trabajo en equipo de la selección española
Társila Nóvoa González
TU FARMACÉUTICA INFORMA
Cómo proteger la vista ante el eclipse solar
Miguel Anxo Bastos
MI PLAN PERFECTO
Um dia feliz de verão
Miguel Abad Vila
TRIBUNA
Mi gemelo digital
Lo último
INVESTIGAN SI LO ORIGINÓ UN TREN
Un incendio forestal en Boborás obliga a cortar la línea ferroviaria Santiago-Ourense