LIBERTAD DE EXPRESIÓN
El peligroso miedo a decir lo que se piensa
TRIBUNA
Este martes dará comezo a XXI edición do Campus Sporty, un evento xa consolidado como unha referencia do verán en Ourense.
Durante trece días, cento cincuenta nenos e nenas gozarán de deporte, ocio e tempo libre, co fútbol como eixe central das actividades e cun amplo repertorio lúdico que transformará cada xornada nunha experiencia inesquecible. Entre as propostas máis agardadas destacan a Sportyan Race, a carreira de obstáculos na natureza, así como a hípica, o triatlón, o piragüismo, o tiro con arco, o béisbol, o voleibol, o pádel e outras actividades que se desenvolverán nun entorno único. As veladas nocturnas, unha das grandes señas de identidade de Campus Sporty, poñerán o broche final a días intensos de actividade, facendo que os participantes acollan o descanso cun sorriso e coa ilusión de descubrir o que lles agarda ao día seguinte.
E entre todas esas actividades sempre estará presente o fútbol, o deporte que nos une a todos e que dá sentido a boa parte da programación. Cada adestramento está deseñado arredor de obxectivos previamente definidos para que os participantes melloren a súa técnica e comprensión táctica do xogo mentres se divirten. Ademais, dende hai tres edicións, as tardes de Campus Sporty teñen como protagonista a Sporty Kings League, unha competición xa plenamente consolidada que engade emoción, ilusión e un atractivo especial a cada xornada.
Campus Sporty tamén é un espazo para facer novas amizades, compartir experiencias e transmitir valores fundamentais a través do deporte e da actividade física. É tamén unha oportunidade para aprender a respectar e coidar o noso entorno, coa plantación do bosque de Campus Sporty, o contacto cos animais da nosa granxa, a promoción da reciclaxe, os hábitos de alimentación saudable e as charlas sobre prevención de lesións e primeiros auxilios, entre outras moitas iniciativas educativas.
Un dos aspectos que mellor define o espírito deste proxecto é o seu forte sentimento de pertenza. Non en van, catorce dos vinte monitores que forman parte da edición deste ano foron no seu día participantes do propio campamento. Un vínculo que nace durante os días de verán, pero que perdura durante todo o ano e que explica, en boa medida, o éxito e a continuidade desta iniciativa ao longo de máis de dúas décadas.
Todo está preparado para que comece unha nova aventura. Queremos agradecer de maneira especial ás entidades copatrocinadoras do evento, como son a Deputación de Ourense, John Smith, AA Clinic e La Región, polo seu compromiso e pola importante colaboración que prestan a este proxecto. O noso agradecemento faise extensivo tamén ao resto de empresas e entidades colaboradoras que contribúen a que Campus Sporty manteña ano tras ano os estándares de calidade que o converten nun proxecto diferencial.
E, sobre todo, ás nais e pais que depositan a súa confianza en nós e que brindan aos seus fillos e fillas o mellor agasallo que poden recibir: unha experiencia de convivencia, amizade e formación en valores que os acompañará moito máis alá destes trece días de verán.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
LIBERTAD DE EXPRESIÓN
El peligroso miedo a decir lo que se piensa
TRIBUNA
La vida nómada del afilador
Roberto González
TRIBUNA
Volve o Campus Sporty, referente do verán
HISTORIAS DE UN SENTIMENTAL
Las bandas populares de Galicia y los tamboriles
Lo último
REUNIONES CON LAS ADMINISTRACIONES
Arranca el desescombro en las aldeas de Viana do Bolo asoladas por las riadas después de 12 días